Arthrikin é o nome da aplicación desenvolvida por Javier Dorado Chaparro, estudante da Escola Superior de Informática de Ciudad Real (Universidade de Castilla La Mancha), que pretende ser de gran axuda para as persoas que padecen artrite.
O proxecto consiste en converter a Kinect (dispositivo que permite controlar e interactuar cunha consola simplemente
usando a voz ou os xestos) nun dispositivo que supervise os exercicios de rehabilitación, de tal forma que, con tan só conectalo a un computador, as persoas que padecen artrite terán un rehabilitador na casa. Esta sinxela aplicación será de gran axuda especialmente a quen presenta mobilidade reducida ou necesita usar unha cadeira de rodas.
Javier Dorado desenvolveu Arthrikin (Arthritis Rehabilitation for Kinect) coa axuda da Asociación Cidade Real de Enfermos de Artrite Reumatoide (ACREAR), asociación membro de ConArtritis.
Esta aplicación será presentada polo seu creador na Xornada Nacional de Artrite organizada por ACREAR, o vindeiro 17 de outubro en Ciudad Real.
Mais información sobre a aplicación.
Amosando publicacións coa etiqueta acrear b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acrear b>. Amosar todas as publicacións
26 de setembro de 2015
9 de setembro de 2015
ParaArtritis.es
Dende a área Social de ACREAR están colaborando na elaboración dun website informativo e
tenda online de axudas técnicas para a vida diaria. Co fin de que as persoas con mobilidade reducida poidamos comprar con facilidade estes artigos.
A idea xurdiu porque en ocasións os socios e socias de ACREAR comentaron que non sempre é doado atopar algunhas axudas técnicas nos establecemientos ortopédicos tradicionais.
Moi interesante para botar un vistazo por se nalgún momento necesitades dela. Dende ACREAR tamén animan incluso a demandar artigos que non vexades e que pensedes que son necesarios. Os vosos comentarios tamén servirán para que ParaArtritis.es poida mellorar a web e en definitiva o servizo ao colectivo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)