29 de setembro de 2014

Xa podes ler o novo número da revista MIRA!

Podes ler a revista MIRA na páxina web de Reumatología Salud, onde tamén atoparás información útil e de calidade acerca de enfermidades reumáticas autoinmunes.


Neste número destacamos os seguintes artigos:

  • Antonio Torralba, presidente de ConArtritis e Carmen Domínguez Quesada, enfermeira do Hospital Virxe da Macarena de Sevilla axúdannos a controlar a enfermidade a través da plataforma ANDAR: Ler artigo. Para máis información sobre a plataforma ANDAR, podes ir á súa web
  • O Dr. Javier Alegre (Xefe de servizo do Hospital Xeral Yagüe, Burgos) aborda as decisións compartidas no tratamento da Artrite Reumatoide como un dereito do paciente que mellora os resultados da enfermidade. Ler artigo.
  • O Presidente da Sociedade Española de Reumatoloxía Pediátrica, o Dr. Jordi Antón, analiza a Uveíte asociada á Artrite Idiopática Xuvenil. Ler artigo.
  • Jorge Alonso Pelicano, Presidente da Asociación de Espondilite de Sevilla (EAS) cóntanos a experiencia que tivo coa enfermidade e achéganos un pouco máis á súa realidade como paciente. Ler artigo.




28 de setembro de 2014

X XORNADA NACIONAL DE ARTRITE: Por ti e polos demais, fala!


Como en anos anteriores, o próximo mes de outubro celebraremos a campaña “Outubro, mes da artrite”, impulsada por ConArtritis.
 
O lema escollido para este este ano é “Por ti e polos demais ¡Fala!”. Atendendo á situación actual e os cambios que se están producindo na Sanidade e Servizos Sociais do noso país, as persoas con enfermidades crónicas, como son os diferentes tipos de artrite, debemos de coñecer os nosos dereitos como pacientes, as axudas e recursos cos que podemos contar e como debemos afrontar o día a día convivindo coa enfermidade.

As actividades que organizamos en Santiago enmarcadas dentro desta campaña son:
  • Mesas informativas, o día 1 de outubro no Hospital Clínico, no Hospital Provincial de Conxo e no Ambulatorio Concepción Arenal.
  • X XORNADA NACIONAL DE ARTRITE, o día 3 de outubro na aula nº 1 do Hospital Clínico de Santiago a partir das 17:00 h. Contaremos cun interesante programa, e ao finalizar o acto servirase un pequeno aperitivo. 
    Estas Xornadas están declaradas de interese científico pola Sociedade Española de Reumatoloxía.Pregamos comunicar asistencia chamando ao teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org
    Descargar programa das xornadas

É moi importante para as persoas que sufrimos a enfermidade, as nosos familias, amizades ou o noso ámbito en xeral estar informado. O feito de mostrarse pasivo produce malestar e encerra grandes dúbidas que talvez non nos permiten realizar as nosas actividades diarias de forma satisfactoria, por iso nesta campaña pedímosche que participes, que te impliques.

Ver programa e actividades noutras localidades.


26 de setembro de 2014

A tu ritmo, nº 16

Xa está publicado o último boletín da Coordinadora Nacional de Artritis, "A tu Ritmo".

Este número é moi especial, xa que ademais de contar as actividades que tanto a Coordinadora coma as asociacións de membro de ConArtritis levaron a cabo durante este verán, este boletín é un adianto da que vai ser a X edición de "Outubro, mes da Artrite". Nel poderás consultar as actividades que imos realizar (á espera de confirmar doutras) e as datas nas que se realizarán as diferentes Xornadas informativas, durante todo outubro.

Algunhas das novidades que se presentan é a celebración do "II Encontro de Mocidade ConArtritis" e o "I Encontro Nacional de Nenos con AIJ".





24 de setembro de 2014

Charla do Dr. Pombo

O día 18 de setembro estivo connosco o Dr. Pombo con dous membros do seu equipo para explicarnos en que consiste o Centro de Investigación Clínica en Enfermidades Crónicas (CICEC). Foi unha reunión informal donde puidemos preguntar todas as nosas dúbidas sobre o seu funcionamento, que ensaios clínicos se están a levar e como nos podemos poñer en contacto con eles non só para informarnos dos ensaios senón tamén para obter unha segunda opinión clínica e incluso para facilitar un diagnóstico definitivo a aquelas persoas que carezan del.







9 de setembro de 2014

X edición de "Outubro, mes da artrite"

X Xornada Nacional de Artrite

“Por ti e polos demais, ¡fala!” é o lema elixido por ConArtritis para concienciar aos pacientes de que teñen dereitos e deben reclamarlos se non se cumpren.

“Tendo en conta a situación actual e os cambios que se están producindo en Sanidade e Servizos Sociais do noso país, as persoas con enfermidades crónicas, como son os diferentes tipos de artrite, temos que coñecer os nosos dereitos como pacientes, con qué ayudas y recursos podemos contar y cómo debemos afrontar el día a día conviviendo con la enfermedad”.

Con esta filosofía a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, xunto con asociacións de pacientes que forman parte dela e outras entidades afíns, organiza a X edición de "Outubro, mes da Artrite", en torno ao Día Nacional da Artrite, celebrado o 1 de outubro. A través desta campaña a Coordinadora pretende informar e formar os pacientes dos diferentes tipos de artrite, así como a poboación xeral, sobre estas enfermidades crónicas.

Este ano, e coincidindo co aniversario de ConArtritis, a campaña preséntase baixo o lema "Por ti e polos demais, fala! ", xa que se centra en advertir e asesorar os pacientes sobre os seus dereitos para que en ningún momento dubide en reclamalos. Para iso organizaranse Xornadas e Mesas informativas, ambas as dúas recoñecidas de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en diferentes cidades españolas ao longo de todo o mes de outubro, onde profesionais sanitarios, expertos, voluntarios e os propios pacientes falarán sobre o tema. Ademais, este ano levarase a cabo o "II Encontro de mocidade" e a "I Xornada de Nenos con AIJ".

Como vén sendo habitual, Santiago será unha das cidades que se una á celebración da xornada, a través da xornada que se celebrará o día 3 de outrubro e das mesas informativas á cidadanía. Ao longo do mes, outras serán as cidades nas que se celebre este evento: Huelva, Valencia, Xaén, Logroño, Vilvao, León, Murcia, Móstoles, Xerez da Fronteira, Pontevedra, Aranxuez, Toledo, Cidade Real, Cáceres, Madrid e Huesca.

Moi pronto informaremos das actividades que se levarán a cabo en Santiago.


8 de setembro de 2014

Charla sobre ensaios clínicos

O Dr. Manuel Pombo, reumatólogo do Hospital Clínico de Santiago, explicaranos en qué consisten os ensaios clínicos e intentará resolver todas as nosas dúbidas sobre este tema.
  • Data: o 18 de setembro ás 18:00 h.
  • Lugar: Salón Multiusos da CABES (Casa das Asociacións de Benestar Social), Rúa Manuel María, nº 6, Salgueiriños (ó lado de Facenda)
Prégase confirmar asistencia a través de:
email: info@artrite-santiago.org ou tlf: 659 084 950.


Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños

7 de setembro de 2014

Saída cultural ás Rías Baixas

O vindeiro 28 de setembro visitaremos as Rías Baixas, concretamente as vilas de O Grove, a Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.   
A saída será ás 10:00 dende o Local Sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13) e regreso ás  20:00 h.
Pode facerse a inscrición ata o día 20 de setembro.
O prezo inclúe:
  • Autocar para traslados e visitas, segundo itinerario.
  • Guía acompañante durante todo o percorrido.
  • Entrada catamarán.
  • Xantar en O Grove.
  • Seguro de viaxe.
Información e inscrición:
email: info@artrite-santiago.org ou ao tlf: 659 084 950.


Combarro

6 de setembro de 2014

Novos cursos de Tai Chi, Chi Kung e Meditación


O prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de setembro. Para inscribirse contactar no email info@artrite-santiago.org ou tlf. 659.084.950. 

As clases impartiranse no Centro Sociocultural de Fontiñas, e os horarios serán os seguintes:
Tai Chi: martes e xoves de 09:00h a 10:00h.
Chi Kung: martes de 10:00h a 11:00h.
Meditación: xoves de 10:00h a 11:00h.



A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 
  
Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.

A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.


Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.

Actividades en setembro

Despois do descanso estival, o mes de setembro preséntase cargado de actividades para a Asociación de Artrite de Santiago. Un adianto:
  • Ata o 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso de Tai Chi, Chi Kung e Meditación.   
  •  O 18 de setembro, charla do Dr. Manuel Pombo, sobre Ensaios Clínicos.
  • O 28 de setembro, saída cultural ás Rías Baixas, visitando O Grove, Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.
Nos próximos días iremos informando detalladamente de cada actividade.