26 de marzo de 2014

Saída gastronómica e cultural a Coristanco e Laxe.


O pasado domingo 23 de marzo disfrutamos dunha saída gastronómica e cultural a Coristanco e Laxe.
Pola mañá visitamos o Refuxio de Verdes, en Coristanco. Puidemos pasear polo fermoso paraxe de Verdes, sobre o río Anllóns, onde encontramos o refuxio de pescadores, muíños, incontables fervenzas naturais, etc.
Posteriormente fomos degustar o coñecido cocido do Restaurante Casa Pastoriza en Cuns (Coristanco)
E xa pola tarde estivemos no pobo mariñeiro de Laxe, onde se rodou a coñecida serie da TVG “Mareas Vivas” (Portozás). Visitamos a súa igrexa de Santa María de la Atalaya do século XV, a “Casa do Arco”, o porto e o paseo marítimo sobre la preciosa praia de dunas naturais.



21 de marzo de 2014

A tu Ritmo, nº 13

O boletín de Conartritis vén cargado de actualidade.

Dedica a súa editorial á creación del grupo de Jóvenes ConArtritis que prestar unha atención especial a este colectivo, presente nas principais redes sociais.
Tamén se fala da participación de ConArtritis no "Encuentro multidisciplinar clínico y farmacológico de la artritis reumatoide 2014" que tivo lugar en Málaga en febreiro, e fai un adianto do "I Congreso de pacientes con Enfermedades Reumáticas" que terá lugar en Madrid moi pronto. Ademais, recolle as últimas novas de algunhas das asociacións que forman Conartritis. 


Podes consultar os anteriores números de A tu Ritmo, na web de Conartritis.