Amosando publicacións coa etiqueta Biospain. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biospain. Amosar todas as publicacións

24 de outubro de 2014

Actividades da asociación

Nas últimas semanas na Asociación de Artrite tivemos unha actividade intensa. Facemos un resumen dos eventos que organizamos ou nos que participamos:


  • O 24 DE SETEMBRO: Estivemos presentes en BIOSPAIN en el "PATIENTS FORUM, THE OSTEOARTHRITIS EXPERT PATIENT". Entre os ponentes podemos destacar a Benjamín Abarca, médico de atención primaria ; Jordi Monfort, reumatólogo do Hospital del Mar de Barcelona e Mercedes Carreras Viñas, Directora da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Neste forum destacouse que a cidadanía cada vez esixe maior corresponsabilidade no ámbito sanitario pero a súa vez alfabetización en saúde é baixa, as enquisas mostran que o 40% da poboación non sabe cando debe solicitar unha 2ª opinión ou que o 33% non sabe utilizar a información que lle dá o médico sobre a súa enfermidade. Por esta razón nace a figura do Doente Experto no que se pretende é formar non só a doentes senón que tamén a coidadores e familiares en saúde en un abordaxe multidisciplinar.

  • 28 DE SETEMBRO: Fomos de excursión ao Grove e a Illa da Toxa. No Grove viaxamos en catamarán, onde nos explicaron como se cultivan os mexilóns, ostras e vieiras, despois puidemos disfrutar dunha degustación de mexilóns con viño albariño. Pola tarde disfrutamos do bo tempo paseando pola Illa da Toxa.



  • 1 DE OUTUBRO: O día 1 é o Día Nacional da Artrite, para conmemoralo puxemos mesas informativas para que doentes, familiares e público en xeral se poideran informar, asesorar e levar material informativo. Estivemos presentes no Hospital Clínico de Santiago, Hospital Provincial de Conxo e no Ambulatorio Concepción Arenal.


  • 3 DE OUTUBRO: O día 3 de outubro celebramos a X Xornada Nacional de Artrite enmarcada dentro da campaña "Outubro, mes da Artrite", cun completo programa: A Carmen Iglesias Rey, directora de FSC Inserta falounos dos recursos para persoas con artrite, concretamente da plataforma de emprego para persoas con discapacidade que desenvolven dende a súa entidade; Emilia Vázquez Rodríguez, avogada, falounos dos dereitos dos doentes, como o dereito a unha segunda opinión ou a opción de facer un testamento vital; a Dra. Eva Salgado Pérez, reumatóloga, explicou a importancia da adherencia na enfermidade da artrite, isto é, a toma da medicación de xeito correcto; e Montse Sánchez Barcia, educadora social e colaboradora da asociación, falounos das redes de apoio para as persoas con artrite. Todos aqueles que se acercaron puideron levar información, resolver todas as súas dúbidas e ó final da xornada disfrutamos duns pinchos.








 


  • 10 DE OUTUBRO: estivemos presentes na I Xornada Divulgativa para o paciente reumático celebrada pola Sociedadeg Galega de Reumatoloxía en Ferrol. Puxemos unha mesa informativa para que todos aqueles que se aceracron á Xornada poideran coñecernos e levar información.