Os nenos e nenas,
ao igual que os adultos, poden padecer enfermedades reumáticas; de feito en
España máis de 10.000 nenos/as sofren algunha enfermidade reumatolóxica. O
descoñecemento deste tema na sociedade actual, fai que a población non asuma
estas enfermedades nos nenos da forma máis adecuada, o cal conduce a un diagnóstico
e tratamento tardío coa consecuente repercusión no seu estado de saúde. A gran
maioría destes padecementos son de base autoinmune sendo necesaria unha atención
máis especializada deste tipo de enfermedades e os seus complexos tratamentos.
A Unidade de
Reumatoloxía Pediátrica do Hospital Clínico de Santiago de Compostela nace a
partir da colaboración entre pediatras e reumatólogos con experiencia no
tratamento de nenos e nenas con enfermedades reumáticas e en conexión con
outros centros que manteñen unha atención similar. A Unidade formouse co
obxectivo de atender aos problemas e necesidades dos nenos da nosa área
sanitaria con problemas reumatolóxicos. Desta maneira pódese atender a población
pediátrica dunha maneira máis integral e personalizada, ao mesmo tempo que
nenos e pais/nais poden relacionarse con outros cando asisten á consulta, o cal
axuda á normalización e a unha maior comprensión da súa situación.
O reto desta
Unidade é cegar ao maior número posible de nenos e nenas con enfermedades reumáticas
co fin de realizar un diagnóstico e tratamento precoz que minimice posibles
lesións, alones as secuelas e mellore a súa calidade de vida.
Compoñentes do
equipo:
- Dr. Mera Varela (Reumatólogo)
- Dr. Souto Vilas (Reumatólogo)
- Dra. López Sousa (Pediatra)