Moi pronto teremos unha nova edición do Foro "O experto responde", a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas. Esta vez con motivo da celebración do Día Mundial da Artrite, o vindeiro 16 de Outubro.
Consiste nun foro online no
que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este
tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do
cal facilitar acceso á información sobre a artrite e aclarar dúbidas a familiares, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo destas enfermidades.
Cómo facer as preguntas?
Hai varias formas de facelo:
A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 16 de outubro, de 18.00 a 20:00 h.,
aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai
que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os
expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.
Enviándoas previamente ao email da asociación info@artrite-santiago.org. As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
Chamando por teléfono á asociación (deberase indicar un email). As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
As respostas van estar colgadas na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns durante bastante tempo polo que poderán consultarse a posteriori.
Quen responderá ás preguntas?
O Dr. Alejandro Souto Vilas, médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (Hospital Clínico de Santiago) e Dna. Sandra Mujico Pena, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.
0 comentarios:
Fai un comentario: