17 de setembro de 2016

Un tapón, un paso para a Artrite Idiopática Xuvenil




A Coordinadora Nacional de Artrite puxo en marcha unha campaña que desde a ASOCIACIÓN DE ARTRITE DE SANTIAGO apoiamos coa nosa participación como asociación membro. Trátase de "Un tapón, un paso para os nenos con artrites idiopática xuvenil", campaña que se puido poñer en marcha grazas ás empresas Fremap e Sending; e que consiste na recollida de tapóns cos cales se recadarán fondos que irán destinados á planificación e organización de actividades coas que mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con artrite idiopática xuvenil.

Para que esta campaña sexa un éxito, unha vez máis, pedimos a colaboración de todas as socias e socios gardando tapóns para despois levalos a un centro Fremap. Podes localizar o máis próximo ao teu domicilio picando aquí.

Ademais,  podes "crear" un punto de recollida na túa oficina, tenda, ximnasio, colexio dos seus fillos... só tes que pedir permiso, se é necesario, e colocar unha caixa ou bolsa co cartel que podes descargar aquí. O único que debes ter en conta é que unha vez que se recompile un número importante de tapóns, alguén ten que levalos a algún centro Fremap, xa que non se recollerán en ningunha outra parte.


A campaña estará activa ata maio de 2017 polo que hai tempo para participar e facer un voluntariado activo nesta campaña dunha forma moi sinxela.

Se necesita máis información, consulta máis detalles na web de ConArtritis. 


Moitas grazas pola axuda!!


0 comentarios:

Fai un comentario: