Como xa anuniamos hai uns días a través do Facebook, o Concello de Santiago accedeu á petición da Asociación de Artrite de Santiago a iluminar a fachada do Pazo de Raxoi en verde o día 1 de outubro con motivo da celebración do Día Nacional da Artrite y Espondiloartrite. Tamén se iluminarán as Torres Hejduk na Cidade da Cultura, que serán visibles dende moitas partes da cidade. E non só en Santiago; edificios emblemáticos de diferentes cidades uniranse á celebración e homenaxe deste día.
O que pretendemos con este acto é dar unha homenaxe ás persoas que padecen esta enfermidade así como facer visible unha enfermidade bastante descoñecida pola maioría da poboación e concienciar á cidadanía dos retos que debemos superar día a día.
Para celebrar este día tan especial desde a AAS animámosvos a unirvos a nós na Praza do Obradoiro onde queremos compartir con vós e a vosa familia un rato todos xuntos, no que disfrutaremos da iluminación e compartiremos un chocolate quentiño para pasar mellor a velada.
Para iso esperamos contar coa túa participación e a dos teus familiares! Vémonos alí!
0 comentarios:
Fai un comentario: