17 de setembro de 2016

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

Recentemente, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.


Para que serve? 
Esta tarxeta ten como finalidade facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular. A tarxeta non crea novos beneficios ou servizos a maiores dos que actualmente xa pode optar a persoa que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. 

Quen pode ter esta tarxeta?
Poderán ser titulares da tarxeta acreditativa de grao de discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Como solicitala?
  • A tarxeta emitirase de oficio nos novos casos que se tramiten ou que teñan un expediente de revisión (non fará falta presentar solicitude).
  • Quen na data 05/08/2016 teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% -definitivo ou provisional- (e que non teñan un expediente de revisión en tramitación), poderá solicitar a emisión da tarxeta.
  • No caso de perda ou extravío poderá volver a solicitarse.
A solicitude pode realizarse en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente, descargando o impreso de solicitude.

Enlace á normativa

0 comentarios:

Fai un comentario: