10 de setembro de 2016

Cursos online con CapacityFormación

CapacityFormación, a plataforma formativa impulsada por Grupo Iniciativas, o CEE de COCEMFE Asturias, co apoio da Fundación ONCE lanza unha nova convocatoria de cursos con novidades.

Continuan co achegamento ao Paquete Office de Microsoft con dúas das súas ferramentas estrela Word Básico e Excel Básico, uns cursos de alfabetización dixital altamente recomendados para iniciarse nestes programas imprescindibles.

Por recomendación do seu propio alumnado, prepararon o curso Traballar na Nube co fin de coñecer as ferramentas máis destacadas que permitirán traballar en calquera lugar cunha conexión a Internet e ademais afondar sobre o traballo en grupo ou colaborativo.

Esta convocatoria inclúe os seguintes cursos:

Todos se ofrecen baixo a modalidade de formación e-Learning, polo que o alumnado poderá establecer os seus horarios e ritmo de traballo. A carga lectiva varía entre as 30 e as 50 horas e as convocatorias terán unha duración de entre 3 e 5 semanas co fin de seguir o temario comodamente. Obviamente, ao tratarse de formación e-Learning o requisito fundamental é dispoñer dun computador persoal con conexión a Internet.

A data prevista para o inicio desta nova convocatoria é o luns 12 de setembro. E non esquezades que a matrícula é gratuíta para persoas con discapacidade, simplemente deberedes achegar o voso certificado de discapacidade durante a matriculación ao curso do voso interese.

Toda a información en www.capacityformacion.es

  

0 comentarios:

Fai un comentario: