A Asociación de Artrite de Santiago
celebra o seu décimo aniversario. Xa son 10 anos dende que iniciou a
súa andaina polo ano 2005 e por este motivo queremos celebrar con todos
os nosos asociados, os seus familiares e todas aquelas persoas que
desexen acompañarnos este aniversario dun xeito divertido e entretido; e
que mellor xeito que rirnos un pouco e merendar todos xuntos.
Por este motivo esperámosvos o día 24 de abril ás 16:30 en CABES,C/ Manuel María nº6, Salgueiriños, na que pasaremos un tarde todos xuntos gozando das seguintes actividades:
- Risoterapia e ioga da risa.
- Xogos de animación para todos os nenos que desexen participar.
- E por último, remataremos a tarde cunha merenda.
Quen queira asistir a unha tarde de risa só ten que anotarse antes do
día 20 de abril, podedes facelo no teléfono: 659 084 950 de luns a
venres de 11:00 a 13:00h. ou a través do correo
info@artrite-santiago.org.
Esperámosvos!!!
0 comentarios:
Fai un comentario: