Lilly anima ás organizacións de pacientes a "contar a súa historia" coa investigación clínica a través dun certame literario.
Lilly
abriu o prazo para presentar as candidaturas ao I Premio de Relato
Curto "Cuenta tu historia", dirixido a organizacións de pacientes con
sede en España. O obxectivo do premio é compartir a súa experiencia ou a
súa visión sobre a investigación clínica, para axudar a outras persoas.
As tres mellores obras serán premiadas con 2.000, en primeiro lugar, e 1.000 euros cada un dos dous finalistas.
A iniciativa foi presentada dentro da IV Xornada Lilly de Pacientes
e Investigación Clínica, dedicada a impulsar o papel do paciente
experto nos ensaios clínicos e que reuniu a máis de 40 organizacións de
toda España.
Nos últimos anos, o paciente pasou de ter un rol
pasivo respecto aos ensaios a ser un axente activo no proceso de
desenvolvemento de novos medicamentos. Ferramentas como "Cuenta tu
historia" son unha vía de comunicación e concienciación clave para que
poidan facerse oír e trasladar as súas inquietudes e experiencias.
Para
participar no certame, as persoas interesadas deben enviar as obras a través da
organización de pacientes á que pertenzan, á dirección de correo
electrónico vozdel_paciente@lilly.com, antes do 10 de abril.
As bases do concurso poden consultarse aquí. O nome das entidades gañadoras comunicarase en xuño.
0 comentarios:
Fai un comentario: