22 de marzo de 2017

NOVIDADES DE É-SAÚDE: ACCESO DELEGADO

Chéganos esta información de Atención ao cidadán e calidade, e parécenos importante transmitilo ao maior número de cidadáns. Grazas por compartir!



Como sabedes, a Plataforma É-Saúde, desenvolvida coa colaboración de moitos de vós, foi pensada para que os cidadáns galegos teñamos acceso dende calquera dispositivo fixo ou móbil á nosa historia de saúde, medicación, cursos da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e tantas outras funcionalidades que esperamos vos resulten de interese.

No desenvolvemento deste ambicioso proxecto, imos dar un novo paso, importantísimo, cremos.

Dende o día 1 de abril, estará dispoñible a posibilidade, para calquera cidadán con tarxeta sanitaria, non só de acceder á súa propia historia e datos, senón á de terceiras persoas (familiares, fillos, pais a cargo, etc.) Isto chámase "ACCESO DELEGADO".

Convidámoste a coñecer mellor esta ferramenta e as súas potencialidades. Estamos seguros de que vos vai resultar moi útil.

Preparamos toda a información que cremos que poida axudarvos, e está dispoñible na páxina web do Sergas:  http://www.sergas.es

Se queres ir directamente á información relacionada con É-Saúde, e en concreto ás novidades sobre o acceso delegado, o enlace é:

http://www.sergas.es/Colectivos?idcat=11046&idcatgrupo=11354.


Animámosvos tamén a dala a coñecer aos vosos asociados e particulares. Como vos dicíamos, é unha ferramenta para os cidadáns e para os pacientes, e só ten sentido se para vós é de interese e utilidade.

0 comentarios:

Fai un comentario: