Baixo o lema “NUESTRA MARCHA CONTINÚA” e para celebrar o Día Nacional de Artrite (1 de outubro), a Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis presenta un programa de actividades que se realizarán en
diferentes puntos de España, para concienciar ás persoas con
artrite da importancia de coñecer a súa enfermidade e manter unha vida
saudable, así como intentar dar a coñecer á poboación en xeral o
que supón convivir coa Artrite.
A Asociación de Artrite de Santiago levará a cabo os seguintes actos:
VIII Xornada Nacional de Artrite
Un encontro e un espazo de coloquio entre pacientes e expertos na materia.
- Onde: Hospital Clínico de Santiago. Sala nº 1.
- Cando: 1 de outubro. De 17:30 a 19:30 h.
Mesas informativas en hospitais
Onde se poderá encontrar toda a información para coñecer a enfermidade e resolver todas as dúbidas que se teñan.
- Onde: Na entrada principal e consultas externas do Hospital Clínico de Santiago, e na entrada principal do Hospital Provincial de Conxo.
- Cando: 1 de outubro. Pola mañá.
0 comentarios:
Fai un comentario: