Este ano, por primeira vez, tamén se levará a cabo a xornada na vila de Redondela, o día 5 de outubro, da man dunha nova Asociación de artrite de recente creación. A Asociación de Artrite de Santiago estará acompañando e apoiando esta iniciativa. A información sobre as actividades no resto de cidades, pode consultarse na web de ConArtritis.
Centrándonos na xornada de Santiago de Compostela, e organizada pola nosa asociación, contaremos coa presenza de profesionais que nos falarán de diferentes aspectos relacionados coa artrite.
A psicóloga Dna. Enma Mayo, centrarase nas necesidades das persoas con artrite. A reumatóloga Dra. Eva Pérez Pampín centrarase nas síndromes e enfermidades asociadas á artrite. E o reumatólogo Dr. Juan Gómez-Reino Carnota exporá os tratamentos biolóximos e biosimilares que poden aplicarse en diferentes tipos de artrite.
Despois das súas explicacións, haberá lugar para o coloquio, e as persoas asistentes poderán facerlle preguntas aos profesionais, para resolver calquera dúbida.
Terá lugar o vindeiro 11 de outubro no Hospital Clínico (Sala 1), a partir das 17:00 h. Confirma a túa asistencia no teléfono 659.084.950. Esperámoste!
Ver programa
0 comentarios:
Fai un comentario: