Baixo o lema cre en ti, crea o teu futuro', a 'Outubro, mes da artrite' centrarase en facer ver os pacientes que deben "apropiarse do control da enfermidade" para que esta non se apodere das súas vidas, manténdose activos o maior tempo posible e facendo exercicio físico de forma regular.
"É moi común ver pacientes que deixan en mans dos médicos o tratamento da súa enfermidade. O certo é que son eles os que deben indicar as pautas a seguir para alcanzar unha melloría, pero se o paciente non adopta unha serie de hábitos, toma conciencia de que, en boa medida, depende del encontrarse mellor, e realmente cre que pode vivir con normalidade, resulta moi complicado que as dores, as limitacións de movemento ou o entumecemento das articulacións, síntomas propios da artrite reumatoide, non dominen ao paciente", sinalou Antonio I. Torralba, presidente de ConArtritis.
Santiago Muñoz, Antonio Torralba e Maje Navarro |
Pola súa banda, o presidente da SER, o Dr. Santiago Muñoz Fernández, asegura que "é fundamental que os pacientes se impliquen de xeito moi activo na súa enfermidade dende o diagnóstico, o tratamento e no seu día a día, para que aprendan a convivir con ela o antes posible. Nas patoloxías reumáticas en xeral e na artrite reumatoide en concreto, a adherencia ao tratamento é clave para mellorar a calidade de vida dos enfermos, polo que esa implicación é básica para adiantarse ao progreso da doenza,".
Se che interesa informarte sobre a artrite, non faltes á IX Xornada Nacional de Artrite, en Santiago de Compostela, o día 11 de outubro.
0 comentarios:
Fai un comentario: