29 de maio de 2011

Vivir con artrite: consellos (13)

O tabaco multiplica por catro o risco de padecer artrite reumatoide
Un estudo realizado en España e dirixido polo doutor Alejandro Balsa sinala que o tabaco multiplica por catro o risco de padecer artrite reumatoide.
Segundo o doutor Balsa, as enfermidades complexas como a artrite reumatoide teñen unha compoñente xenética e unha ambiental, ésta última é ás veces difícil de coñecer, pero no caso da artrite reumatoide o tabaco é o principal factor externo que predispón á enfermidade.
Extraído do artigo “Espondilitis anquilosante y tabaco”, publicado na “Revista Mira”, nº 3. Autora: Mireia Moreno Martínez-Losa

3 de maio de 2011

Saída ao Balneario de Laias Caldaria

Temos prevista unha nova saída ao Balneario Laias Caldaria (Ourense), onde poderemos disfrutar dunha estancia na que disporemos dun programa termal personalizado, animación, sendeirismo, etc.
As datas serán do 5 ao 10 de xuño (de domingo a venres) e inclúe:
  • 5 días - 6 noites.
  • Rexime de pensión completa.
  • Traslados incluídos.
  • Programa termal personalizado segundo criterio médico.
  • Actividade de Aguagym.
  • Programa de animación.
  • Sendeirismo.
Saída dende o Centro Sociocultural de Fontiñas ás 12:15 h. do domingo.

Como vén sendo habitual, a Asociación subvenciona ás persoas asociadas, polo que dependendo das persoas que se apunten pode variar o prezo. Confiamos en que será unha boa oferta.


As datas de inscrición serán do 19 de abril ao 16 de maio, chamando ao teléfono 659084950 (de luns a venres de 10:00 a 13:00 h.) A partir do 16 de maio chamaremos ás persoas apuntadas para informar do prezo definitivo.

Esperamos que vos animedes a vir. Agardámosvos!

Para ir facendo boca, deixamos algunhas imaxes do entorno do balneario, que sacamos nunha ocasión anterior.

30 de marzo de 2011

Excursión a Portugal

Os días 29 e 30 de abril e 1 de maio (venres, sábado e domingo) organizamos unha visita ao noso país veciño, visitando Fátima, Tomar, Nazaré, etc. 

A viaxe inclúe autocar, estancia en réxime pensión completa (bebidas incluídas), seguro de viaxe e guía acompañante.

Para reservar, podes facelo chamando ao teléfono da asociación: 659 084 950. 

Non fai falta ser socio/a para asistir.


ITINERARIO:
Día 29 de abril
  • Saída ás 15:00 h. do Centro Sociocultural de Fontiñas con destino a Fátima, facendo as paradas necesarias en ruta.
  • Chegada ao hotel.
  • Cea e aloxamento.
 Día 30 de abril
  • Almorzo. Saída para visitar a cidade dos templarios “Tomar”, onde destaca o seu castelo, o casco antigo e o barrio xudeu.
  • Xantar no hotel.
  • Pola tarde visitaremos “O Sitio” desde onde hai unha excelente panorámica da cidade de Nazaré. A continuación visitaremos esta fermosa vila pesqueira e turística.
  • Regreso ao hotel.
  • Cea e aloxamento.
 Día 1 de maio
  • Almorzo. Saída para Aljustrel para visitar as casas onde naceron os pastores.
  • A continuación visitaremos a Gruta da Moeda.
  • Regreso a Fátima para visitar o seu santuario e a nova igrexa subterránea recentemente inaugurada.
  • Xantar.
  • Saída para Galicia facendo unha parada en Valença do Miño para compras.
  • Chegada a Santiago, aproximadamente ás 22:00 h.

24 de marzo de 2011

Vivir con artrite: consellos (12)

Reláxate
Cando estamos máis nerviosos, os músculos están tensos e estamos máis sensibles á dor, e se aumenta a dor, cada vez estamos máis nerviosos, producíndose un círculo “nerviosismo-dor-nerviosismo”. A relaxación pode ser unha forma de rompelo. Empeza con respiracións lentas e profundas, despois trata de relaxar todas as partes do corpo, imaxinando que están frouxas e pesadas, para terminar imaxinando unha imaxe que che resulte agradable, como unha praia. Para que isto funcione, debes utilizar todos os sentidos (escoitar as olas, sentir o calor do sol sobre a pel…). Podes facer estes exercicios en silencio ou con música relaxante, pero debes practicar con regularidade.

Extraído do artigo “Técnicas que pueden ayudarte a manejar el dolor”, publicado na revista Mira nº 2. Autora: Leticia León Mateos.

28 de febreiro de 2011

Axudas para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade

A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade. 

Estas axudas están destinadas a: 
  • Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
  • Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.
  • Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais. 
O prazo de solicitude é de dous meses, a contar dende o seguinte ao da publicación da orde (publicada no DOG do 28 de febreiro)

Vivir con artrite: consellos (11)

No traballo doméstico hai que evitar facer forza coas mans.
Non é bo retorcer a roupa, abrir tapadeiras de rosca, premer con forza mangos de cubertos ou fregona, etc. Nalgunhas ortopedias hai utensilios que poden ser de axuda para as tarefas domésticas.

Extraído de “Calendario 2010: Consejos para la artritis reumatoide”, editado por Abbott e Elsevier Doyma e elaborado polo Dr. Rafael Goya Moscoso a partir das publicacións: Artritis reumatoide: Guía de la enfermedad para el paciente; ¿Qué es la artritis reumatoide?, e La dieta y las enfermedades reumáticas, editados pola Sociedad Española de Reumatoloxía

16 de febreiro de 2011

Axudas por fillas e fillos menores de tres anos

A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2011. As persoas que poidan solicitala, teñen de prazo 40 días naturais, a contar dende o seguinte á da publicación da orde (publicada no DOG do 15 de febreiro)

Ver texto da orde