3 de maio de 2011

Saída ao Balneario de Laias Caldaria

Temos prevista unha nova saída ao Balneario Laias Caldaria (Ourense), onde poderemos disfrutar dunha estancia na que disporemos dun programa termal personalizado, animación, sendeirismo, etc.
As datas serán do 5 ao 10 de xuño (de domingo a venres) e inclúe:
  • 5 días - 6 noites.
  • Rexime de pensión completa.
  • Traslados incluídos.
  • Programa termal personalizado segundo criterio médico.
  • Actividade de Aguagym.
  • Programa de animación.
  • Sendeirismo.
Saída dende o Centro Sociocultural de Fontiñas ás 12:15 h. do domingo.

Como vén sendo habitual, a Asociación subvenciona ás persoas asociadas, polo que dependendo das persoas que se apunten pode variar o prezo. Confiamos en que será unha boa oferta.


As datas de inscrición serán do 19 de abril ao 16 de maio, chamando ao teléfono 659084950 (de luns a venres de 10:00 a 13:00 h.) A partir do 16 de maio chamaremos ás persoas apuntadas para informar do prezo definitivo.

Esperamos que vos animedes a vir. Agardámosvos!

Para ir facendo boca, deixamos algunhas imaxes do entorno do balneario, que sacamos nunha ocasión anterior.

1 comentario:

  1. Pero mira que sitio con tanto encanto! Pero hai que recoñecer que a gran beleza apórtaan esas chicas/os tan especiais que a pesares dos seus males mostran un gran soriso e a gran paisón por vivir e desfrutar. A polos días deste ano e grazas a labor da nosa presidenta por esa perspectiva da vida que contaxia!

    ResponderEliminar