Do 16 de xullo a 3 de setembro pechamos por vacacións, polo que non se atenderá na sede da Asociación.
Disfrutade do verán!
Asociación de Artrite de Santiago
A Asociación de Artrite de Santiago organiza o obradoiro "Lograr un obxectivo", dentro dunha campaña co mesmo nome, impulsada por Conartritis e UCB.
Existen outras técnicas, como a fisioterapia (exercicios
e posturas que axudan á mobilidade e a reducir a dor), a hidroterapia
(beneficios da auga, sobre todo se son mineromedicinais),
o ioga, Tai Chi, o método Pilates
(axudan á relaxación e a conseguir as posturas axeitadas)... que supoñen un
suplemento aos tratamentos farmacolóxicos e conseguen efectos positivos
complementarios.
A Universidade dos Pacientes é unha universidade específica e monográfica
dedicada a pacientes, familiares, persoas coidadoras, voluntarias e cidadanía
en xeral, con interese en temas de saúde e sanidade. Ten como obxectivo xeral a
promoción da modernización e a mellora da calidade da atención sanitaria
mediante o desenvolvemento de actividades de información, formación e
investigación.