22 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (8)

Participa en asociacións de pacientes
Están dedicadas a informar ás persoas afectadas e ofrecen os medios adecuados para encontrarse mellor física e psicolóxicamente. Adoitan poñer ás persoas enfermas en contacto cos especialistas das distintas disciplinas que existen para tratar esta enfermidade reumática. Nelas, os pacientes poden falar con xente que ten o seu mesmo problema, o que, na maioría dos casos, resulta unha boa terapia, pois compréndense e pódense aconsellar máis facilmente.
Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

10 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (7)


Aprende a manexar as túas emocións

As técnicas psicolóxicas de relaxación e respiración axudan a controlar as emocións de ansiedade, tristeza e ira, que poden presentarse na paciente, e que supoñen un inconveniente para o día a día da súa enfermidade, pois inflúen negativamente na dor. Aprendelas para poñelas en práctica cando o consideres oportuno, axudarache a mellorar.

Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

8 de decembro de 2010

Participación na revista A Saúde de Galicia

A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, colaborou coa revista A Saúde de Galicia, editada polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (COMC). En cada número desta publicación, inclúese un artigo centrado nalgunha asociación de pacientes. No seu número 12, de novembro de 2010, foi dedicado á artrite.
Dende aquí agradecemos ao Colexio de Médicos que contase coa nosa participación para dar a coñecer un pouco máis a artrite.

O artigo pode verse na sección Prensa da nosa web.

30 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (6)

Exercicio beneficioso.

Entre as opcións non medicamentosas para diminuír a dor, figuran algúns tipos de exercicio e a fisioterapia. Os últimos estudos sinalan que é imprescindible encontrar o equilibrio entre repouso (as articulacións inflamadas melloran) e actividade (evita que as mesmas articulacións se entumezan). O exercicio debe manter a persoa nun bo estado físico, de resistencia e fortaleza, pero sen inflamar as articulacións para evitar a dor. Os máis axeitados son as actividades aeróbicas de baixo impacto articular, como natación e exercicios na auga, tai chi, ioga suave, pilates ou spinning. Non obstante, recoméndase que antes de escoller se consulte co especialista.

Extraído do artigo "La artritis, una enfermedad desconocida", publicado en Eroski Consumer.

Xantar de confraternidade de Nadal

O vindeiro 19 de decembro a partir das 14:30 celebraremos o xantar de confraternidade de Nadal. 
Será no Hotel Congreso (Montouto) e está aberto a todas as persoas socias, familiares e amigas que nos queiran acompañar.
Para asistir, podes anotarte  ata o día 15 de decembro chamando ao teléfono 659084950 (de 10:00 a 13:00 de luns a venres).

Non faltes!

19 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (5)


Manter o peso

Un exceso de peso supón unha carga extra para as articulacións, especialmente columna, cadeiras, xeonllos e pes, o que provoca un aumento da dor e un risco incrementado de artrose. É recomendable facer unha dieta equilibrada, rica en lácteos que conteñen calcio, sobre todo cando reciba corticoides, pois estes producen unha descalcificación dos osos. Evite o exceso de alcohol, xa que certos fármacos, que é probable reciba, teñen un pequeno risco de ter un efecto tóxico sobre o fígado, que se podería agravar polo consumo de alcohol.

Extraído do artigo “Consejos generales para proteger las articulaciones”, publicado na revista Mira nº 1. Autora: Nieves Martínez Alberola.

12 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (4)


Vístete de maneira confortable e ao teu gusto.

Hai cousas moi sinxelas que podes facer para vestirte con maior facilidade e forzar menos as túas articulacións:
  • Prepara a túa roupa a noite anterior, cando as túas articulacións non están ríxidas.
  • Fai o nó da gravata ou pano e déixaos preparados para a mañá seguinte. Así non terás que forzar tanto as túas mans pola mañá.
  • Leva roupa con aberturas anchas, de forma que poidas poñela e quitala comodamente.

Extraído de “Puntos de encuentro en Artritis Reumatoide. Guía para el paciente”.