4 de febreiro de 2011

Obradoiro de Exercicio Físico Adaptado e Alimentación nas Enfermidades Reumatolóxicas

En datas próximas terán lugar novos obradoiros en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, esta vez sobre "exercicio físico adaptado e alimentación nas doenzas reumáticas".

Esta actividade é gratuíta e está dirixida a pacientes, familiares e cidadanía en xeral (necesaria inscrición)

Lugares e datas: 
  • Pontevedra | C.H de Pontevedra | Mércores 21 de Marzo 2011 | Inscrición (ata 18 de marzo)
  • Santiago | Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) | Luns 4 de Abril de 2011 | Programa Inscrición (ata 1 de abril)
  •  
    Actualización 16/02/11: Cambio de data do obradoiro de Pontevedra, que será o día 21 de marzo.

22 de xaneiro de 2011

Vivir con artrite: consellos (10)

Protexer as articulacións.
Existen dispositivos de axuda que pode utilizar para facilitar as súas actividades diarias tales como: soportes para a entrada e saída da bañeira, asentos de plástico para a ducha, cepillos de mango largo, abridores para tarros e botellas, abrelatas e coitelos eléctricos, empuñaduras grosas para cubertos e útiles de aseo, barras de axuda para vestirse, calzadores de mango largo para calcetíns, medias ou zapatos e un longo etcétera que non debería dubidar en utilizar para non forzar as súas articulacións.

Extraído do artigo “Consejos generales para proteger las articulaciones”, publicado na revista Mira nº 1. Autora: Nieves Martínez Alberola.

13 de xaneiro de 2011

Hablemos de Artritis reumatoide

A Sociedade Española de Reumatoloxía (SER), a Coordinadora Nacional de Artritis (ConArtritis) e Roche“Hablemos de Artritis Reumatoide” co obxectivo de proporcionar un instrumento de apoio e un pequeno manual de consulta para o paciente. presentaron o pasado mes de novembro o libro

A publicación inclúe información sobre a enfermidade e os tratamentos e recomendacións moi útiles para a súa vida diaria. Este libro axuda a dar resposta ás dúbidas que xorden despois do diagnóstico da enfermidade e proporciona información estructurada e básica, empezando por que é unha articulación e que acontece nela cando tes Artrite Reumatoide, nunha linguaxe moi sinxela e doadamente comprensible. 

O libro "Hablemos de Artritis Reumatoide" foi editado pola editorial ACV edicións, declarado de utilidade para os pacientes reumáticos pola Sociedade Española de Reumatoloxía, declarado de interese para as persoas con artrite por ConArtritis e esponsorizado por Roche.

Agora xa podes consultar o libro en internet.

4 de xaneiro de 2011

Vivir con artrite: consellos (9)

É importante descansar.
Pola noite descanse entre 8 e 10 horas e intente disfrutar dunha sesta de 30 minutos a unha hora. Cando estea na cama procure ter os brazos e as pernas ben estirados.

Extraído de “Calendario 2010: Consejos para la artritis reumatoide”, editado por Abbott e Elsevier Doyma e elaborado polo Dr. Rafael Goya Moscoso a partir das publicacións: Artritis reumatoide: Guía de la enfermedad para el paciente; ¿Qué es la artritis reumatoide?, e La dieta y las enfermedades reumáticas, editados pola Sociedad Española de Reumatoloxía

22 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (8)

Participa en asociacións de pacientes
Están dedicadas a informar ás persoas afectadas e ofrecen os medios adecuados para encontrarse mellor física e psicolóxicamente. Adoitan poñer ás persoas enfermas en contacto cos especialistas das distintas disciplinas que existen para tratar esta enfermidade reumática. Nelas, os pacientes poden falar con xente que ten o seu mesmo problema, o que, na maioría dos casos, resulta unha boa terapia, pois compréndense e pódense aconsellar máis facilmente.
Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

10 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (7)


Aprende a manexar as túas emocións

As técnicas psicolóxicas de relaxación e respiración axudan a controlar as emocións de ansiedade, tristeza e ira, que poden presentarse na paciente, e que supoñen un inconveniente para o día a día da súa enfermidade, pois inflúen negativamente na dor. Aprendelas para poñelas en práctica cando o consideres oportuno, axudarache a mellorar.

Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

8 de decembro de 2010

Participación na revista A Saúde de Galicia

A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, colaborou coa revista A Saúde de Galicia, editada polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (COMC). En cada número desta publicación, inclúese un artigo centrado nalgunha asociación de pacientes. No seu número 12, de novembro de 2010, foi dedicado á artrite.
Dende aquí agradecemos ao Colexio de Médicos que contase coa nosa participación para dar a coñecer un pouco máis a artrite.

O artigo pode verse na sección Prensa da nosa web.