Roche é un laboratorio farmacéutico que traballa para a prevención, identificación, diagnóstico, tratamento, avaliación e monitorización de enfermidades.
Desta compañía destaca tamén o seu labor divulgativo tanto entre profesionais como entre pacientes.
Exemplo disto, no tocante á reumatoloxía, é o portal www.rochereumatologia.es, que aporta nun primeiro plano información xenérica, dividíndose despois en dúas áreas que afondan en contidos de interese, unha área para profesionais da saúde e outra para pacientes de artrite reumatoide.
Na área de pacientes podemos atopar información para coñecer os seus signos e síntomas, o diagnóstico da enfermidade, consellos prácticos para
sobrelevar o día a día, publicacións, os últimos avances no campo da reumatoloxía, e acceder a outros sitios de interese. Un recurso que pode resultar moi útil desta páxina é a sección "Un reumatólogo responde", a través da cal calquera persoa pode facer unha consulta que será respostada polo Dr. Luis Carreño, xefe de reumatoloxía do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid.
0 comentarios:
Fai un comentario: