6 de setembro de 2014

Actividades en setembro

Despois do descanso estival, o mes de setembro preséntase cargado de actividades para a Asociación de Artrite de Santiago. Un adianto:
  • Ata o 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso de Tai Chi, Chi Kung e Meditación.   
  •  O 18 de setembro, charla do Dr. Manuel Pombo, sobre Ensaios Clínicos.
  • O 28 de setembro, saída cultural ás Rías Baixas, visitando O Grove, Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.
Nos próximos días iremos informando detalladamente de cada actividade.



30 de xullo de 2014

Durante o mes de agosto estará pechado o CABES, onde temos a oficina da asociación. 
Aproveitamos para tomarnos un descansiño tamén no proxecto "De paciente a paciente" no hospital de día.

Voltamos en setembro coas pilas cargadas.

A disfrutar do verán!

21 de xullo de 2014

Vivir con artrite: consellos (28)

Á hora de viaxar...

Se tomas medicación, lleva contigo no bolso de man:

  • Medicación suficiente para o tempo que esteas fóra e un pouco máis para calquera imprevisto.
  • Identificación dos medicamentos (nome comercial e xenérico).
  • Certificado da necesidade dos medicamentos.
ü

14 de xullo de 2014

Vivir con artrite: consellos (27)




Á hora de viaxar...
  • Planifica as viaxes con tempo
  • Evita as aglomeracións
  • Ten a cartilla sanitaria europea ó día
  • Busca a maior comodidade no medio de transporte que utilices
Exemplos: 
  • Se viaxas en avión, elixe voos directos.
  • Se viaxas en coche, fai descansos frecuentes.
  • Se viaxas en autobús, camiña nas paradas.
  • Se viaxas en tren, móvete cada certo tempo. 

23 de xuño de 2014

Terapias complementarias

O pasado 13 de xuño tivo lugar a charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas, organizado a través da Escola Galega de Saúde do Sergas. Neste obradoiro explicáronse os tipos de medicina: tradicional, alternativa, complementaria e integrativa. Dentro de estas últimas explicáronse as distintas categorías e cales son as máis recomendables para a artrite.

É importante facer fincapé na importancia de que se decidimos utilizar estas terapias debemos comentarllo ao noso reumatólogo porque algunhas poden ter contraindicacións e que se acudimos a profesionais que tamén teñan coñecementos de medicina moito mellor.

Deixamos unhas fotos dese día.



19 de xuño de 2014

Meditación, Tai-chi e Chi Kung tamén en xullo

Este ano por primeira vez poderemos contar cun "mes extra" de Meditación, Chi Kung e Tai Chi Clásico, xa que seguimos a actividade durante o mes de Xullo. Seguiremos disfrutando no exterior e con máis horas de Tai Chi á semana que nunca:

Toda a información sobre horarios, prezos, etc. en http://orient-arte.blogspot.com.es

"Só medramos cando somos desafiados.... Os músculos non se fortalecen sen resistencia... As facultades mentais non se agudizan sen pensamento crítico...O espírito non se eleva sen algo que o emocione..."


2 de xuño de 2014

Asociación de Artrite de Santiago en facebook

Recentemente, dende a Asociación de Artrite de Santiago unímonos ao facebook.

É indubidable que esta rede social é usada por moita xente, polo que nos axudará a divulgar información de interese sobre a artrite e a dar a coñecer as actividades que levamos a cabo.


Esperamos que esta páxina vaia medrando pouco a pouco en número de seguidores, ata formar unha gran comunidade virtual.

Síguenos en  www.facebook.com/artritesantiago