Comezamos a volta de vacacións ensinando as fotos da última excursión que fixemos na asociación. O día 6 de xullo visitamos os Pazos de Armada (en Vedra) e o Pazo de Oca (na Estrada).
O Pazo de Oca é un dos mais famosos de Galicia polos seus fermosos xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un encoro con parrulos e gansos. Esta casa señorial foi construída entre os séculos XVII e XVIII.
O Pazo de Armada, tamén de gran sona, é coñecido polos seus xardins de camelias e por un centenario oliveiral en forma cruz.