A Sociedade Española de Reumatoloxía (SER) xunto coa Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) organizan un campamento moi especial para nenos e nenas con enfermidade reumática. O seu único obxectivo é fomentar a mellora da súa autonomía, así como favorecer as relacións sociais e solidariedade neste tipo de pacientes. Pero, por outra parte, tamén ten o obxectivo de dar apoio e axuda aos pais.
Para Antonio Torralba, presidente de ConArtritis, "organizar este tipo de actividades resulta moi gratificante porque favorece a mellora, tanto física como anímica dos nenos, xa que lles axuda a aprender a manexar mellor os seus síntomas e conviven durante uns días con outros nenos que se encontran na súa mesma situación", ao que engade "ademais, no campamento poténciase a adquisición de hábitos de vida saudables, algo fundamental para os máis pequenos porque se os aprenden a estas idades, mantéñenos durante toda a vida, o que lles axudará a levar mellor a enfermidade ao longo dos anos,".
Pola súa banda, o Dr. Miguel Ángel Caracuel, vicepresidente da SER e responsable da Comisión da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da Sociedade, considera que, "paga a pena realizar un esforzo económico como este se conseguimos axudar, na medida das nosas posibilidades, aos pacientes pediátricos. O que buscamos é que os únicos beneficiarios desta actividade sexan os nenos afectados por algunha enfermidade reumática".
O campamento levarase a cabo na Granxa Escola Albitana de Brunete (Madrid) dende o día 6 ao 20 de xullo, e terá unha capacidade para 40 nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, de todo o territorio nacional, e que teñan estable a súa enfermidade. Para a súa admisión pídese a aprobación e informe favorable do seu médico.
O período de inscrición estará aberto ata o día 30 de maio.
Descarga as bases e o boletín de inscrición
Á hora de buscar actividades para o verán, podo recomerdavos Avifauna, parque zoolóxico ornitolóxico de Lugo, invitámosvos a vir visitarnos e realizar algunha actividade connosco, xa que facemos visitas guiadas con grupos e asociacións.
ResponderEliminarÉ unha alternativa que vos propoño, xa que vexo que realizades actividades grupais e se cadra vos interesaría ampliar con outras alternativas a programación. Podes coñecernos mellor a través de nosa web www.avifauna.net.
Podes concertar cita ou preguntar o que che apeteza sobre as actividades que realizamos no número de teléfono 982 24 20 53. Estamos moi preto de Lugo!!!
Moitas grazas pola recomendación, Belén, un novo destino a ter en conta!
Eliminar