23 de marzo de 2013

II Certame de fotografía sobre enfermidades reumáticas

Dende a Asociación de Artrite de Santiago convidámosvos a participar no II Certame de fotografía sobre enfermidades reumáticas, que este ano ten o obxectivo de concienciar sobre a espondiloartrite. O prazo para participar está aberto ata o próximo 1 de maio.
SE ABRE LA CONVOCATORIA DEL II CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA SOBRE ENFERMEDADES REUMÁTICAS 
Este ano conta coa colaboración de Juan Luis Suárez, o guitarrista del sueño de morfeo e paciente de espondilite anquilosante, quen inaugurou a apertura do concurso a través da fotografía que vos mostramos á esquerda.

Xa podedes enviar as vosas fotografías a través da web 

www.certamenfotografiareumatologia.es

Para máis información podes consultar as BASES DO CONCURSO

 

Sobre a espondiloartrite

As espondiloartrites son un conxunto de patoloxías que afectan a 900.000 persoas en España e que impactan directamente sobre a calidade de vida dos pacientes e o seu ámbito sociofamiliar. Poden afectar á vida diaria destes e dificultar a realización de tarefas cotiás como vestirse, asearse e facer exercicio físico. Tamén adoitan ter gran repercusión no ámbito laboral. En función do grao de minusvalidez que xere a enfermidade, a persoa pode chegar a necesitar un cambio de posto de traballo ou de profesión, e mesmo pode verse obrigada a deixar de traballar de xeito temporal ou permanente. Todo iso ten un impacto a nivel emocional nos pacientes que se traduce na aparición de sentimentos de culpabilidade, trastornos do sono ou dificultades na concentración.

Entre todos, debemos crear conciencia da importancia e o impacto destas patoloxías. Para iso, dende as entidades organizadoras e colaboradoras deste certame, animan a participar no concurso coas vosas fotografías para contribuír a aumentar o coñecemento e a concienciación destas enfermidades.

22 de marzo de 2013

Impacto das enfermidades reumáticas nas persoas que as padecen

No marco da presentación da exposición de fotografías do I Certame fotográfico de enfermidades reumáticas, déronse a coñecer os resultados dun estudio realizado co obxectivo de coñecer en profundidade o impacto psicolóxico, laboral e personal que teñen as enfermidades reumáticas, que revelou os seguintes datos referentes á comunidade galega:
  • Preto do 40% dos pacientes galegos con enfermidades reumáticas afirma que recibiu o seu diagnóstico un ano despois de sufrir os primeiros síntomas (36,6%). En concreto, ata un 22,3% revela que tardou en ser diagnosticado ata máis de 3 anos.
  • En canto ao ámbito laboral, 8 de cada 10 pacientes galegos (81,3%) aseguran que, debido á súa enfermidade, se encontran con "máis dificultade" ou "moita máis dificultade" que o resto da poboación á hora de encontrar traballo. Ao mesmo tempo, o 34,4% dos pacientes que xa ten traballo confesa que algunha vez ocultou a súa patoloxía no ámbito laboral por temor a que lle puidese afectar de forma negativa. Unha persoa que sofre unha enfermidade reumática non ten problemas para falar dela cos seus compañeiros, pero si cos seus superiores porque, se estes o saben e nun momento determinado a empresa atravesa dificultades, seguramente teñan moi en conta os días de baixa que tivo.
  • Por iso, os pacientes galegos consideran que existe certo grao de incomprensión por parte da poboación en relación coas enfermidades reumáticas, en concreto, ata un terzo deles (32,1%) manifesta que a sociedade non chega a entender o impacto físico ou emocional que supoñen. Como resultado deste descoñecemento, case 4 de cada 10 pacientes revelan que nalgunha ocasión se sentiron discriminados e ata un 34,4% afirma que ocultou partes do seu corpo afectadas pola enfermidade por medo a ser rexeitado.
  • A enquisa desvela que as enfermidades reumáticas tamén teñen repercusións no ámbito afectivo. Ata o 65,2% considera que se encontra con 'máis dificultade' ou 'moita máis dificultade' que o resto da poboación á hora de encontrar parella. Se a enfermidade é moi visible pode resultar complicado relacionarse socialmente, polo que nestes casos é fundamental recibir unha boa atención psicolóxica, seguir as recomendacións do especialista e optar por unha actitude positiva.
  • Así mesmo, dúas terceiras partes dos pacientes (66%) admite que a súa patoloxía o limita para conseguir unha vida sexual satisfactoria. Grazas aos novos tratamentos é posible reducir estas limitacións e gozar máis das relacións. Tampouco hai que esquecer os terapeutas ocupacionais, que sempre se encargan de proporcionar consellos prácticos para evitar danar as articulacións.

Ofretas de MundoAbuelo



MundoAbuelo é unha empresa, colaboradora da Asociación, que comercializa produtos concibidos para facilitar a realización das actividades diarias, a prevención e rehabilitación de determinadas patoloxías, e en definitiva reducir o grao de dependencia das persoas maiores ou con discapacidade e aumentar a calidade de vida destas e das súas familias.

Durante estes días ofrece as seguintes promocións:

  • Somier 90 x 190 cm. .......................  308,00 €
  • Somier 105 x 190 cm. .....................  325,00 € 

Promoción válida ata o 29/03/2013.
Prezos válidos para pedidos mínimos de 2 unidades, para máis unidades consultar prezos.
Prezos IVE incluído. 

  • Grúa de bipedestación con arnés incluido...... 1.185,00 €

Promoción válida ata final deste mes. 
Prezos IVE incluído.

8 de marzo de 2013

Saída gastronómica e cultural a Vila de Cruces



O vindeiro 17 de marzo faremos unha actividade en grupo na que vos animamos a participar.
Visitaremos a zona de Vila de Cruces e o seu contorno, degustando un cocido galego en "Casa Rafael". Despois, e se o tempo nolo permite, poderemos dar un paseo polas Illas de Gres, no río Ulla ao seu paso por Ponte Ledesma, onde tamén poderemos ver a Ponte romana de Gres, de once arcos, e pasear pola súa área recreativa.
Faremos unha visita guiada ao Mosteiro de Carboeiro, que data da idade media (S XI XIII, recuperado no XX) e visitaremos o Balneario da Brea en Merza. 
A Saída en autocar será dende o Centro Sociocultural de Fontiñas (R/Berna, 13, Santiago) ás 11:00
As persoas que queiran asistir teñen que confirmar o antes posible no teléfono da Asociación 659 084 950 (luns a venres de 10:00 a 13:00 h.) A isncrición farase por orde de chamada, e a data límite de pago será o 13 de marzo.
O prezo da actividade inclúe:
  • Autocar
  • Xantar (cocido)
  • Paseo polas Illas e a Ponte de Gres
  • Visita guiada ao Mosteiro de Carboeiro
  • Visita ao Balneario de Brea
  • Seguro de viaxe
 Acompáñanos! Pasarémolo xenial!
 
Área recreativa de Gres
Ponte romana de Gres


Conferencia sobre Artrite Reumatoide



Dentro duns días poderemos escoitar unha conferencia na que participarán o Dr. Juan Gómez-Reino, catedrático e xefe do servizo de Reumatoloxía do Hospital Clínico de Santiago, e o Dr. Manuel Pombo, reumatólogo.
Dende o diagnóstico da Artrite Reumatoide (AR), comeza para os pacientes un proceso de aceptación da realidade desta enfermidade, unha enfermidade crónica.
O proceso de aceptación é diferente en cada paciente e depende en boa medida da rapidez do diagnostico e de se a enfermidade foi detida a tempo.
É pois nos tratamentos, onde os pacientes depositamos todas as nosas esperanzas e ás veces tamén temores. Tratamentos que poden posibilitar a recuperación e a normalidade do día a día.
A investigación e a procura de novos tratamentos para a AR deu un gran paso, por iso os pacientes debemos estar informados destes novos fármacos, e qué mellor forma que coa asistencia a esta charla.

  • Onde: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas (R/ Berlín, 13, Santiago de Compostela)
  • Cando: 12 de marzo ás 18:00 h.

Prégase comunicar asistencia chamando ao móbil da asociación 659 084 950.

26 de febreiro de 2013

Oferta en Termas de Cuntis



Termas de Cuntis ofrece ás persoas da Asociación de Artrite de Santiago dúas ofertas de estancia termal nas súas instalacións:

OFERTA 1 NOITE
  • Aloxamento no Hotel Castro do Balneario**** 
  • Pensión Completa
  • Acceso Libre ao Circuito Lúdico-Termal Acquaform
  • 1 Recubrimiento de Chocolate
  • 1 Chorro
  • Prezo: 57€ por persoa e noite
OFERTA VÁLIDA DO 24/02 AO 29/02 E DO 17/03 AO 23/03.
NON ACUMULABLE A OUTRAS OFERTAS

OFERTA 5 NOITES OU MÁIS
  • Aloxamento no Hotel Castro do Balneario****
  • Pensión Completa
  • Acceso Libre ao Circuito Lúdico-Termal Acquaform
  • Consulta Médica
  • Tratamento Termal
  • Prezo: 55€ por persoa e noite
OFERTA VÁLIDA DO 24/02 AO 29/02 E DO 17/03 AO 23/03.
NON ACUMULABLE A OUTRAS OFERTAS

5 de febreiro de 2013

Personas que...

Personasque.com é unha nova rede social dirixida especialmente a pacientes, un espazo no que compartir experiencias e encontrar un apoio.

Leva en funcionamento dende outubro, pero recentemente foi aberta a sección específica para Persoas que ...conviven con artrite

Por agora, para esta doenza este portal web proponnos dúas "maneiras de convivir un pouco mellor coa artrite":

  • A Comunidade, un espazo onde conversar con outras persoas que conviven coa artrite.
  • E a Biblioteca, unha sección de artigos baseados en experiencias persoais de persoas na mesma situación. 

Rexístrate nesta nova rede social, conversa con persoas na mesma situación que ti, e anímate a compartir a túa experiencia coa enfermidade.

A plataforma non só está dirixida a persoas con artrite, tamén a persoas coidadoras e a persoas que teñen algunha relación ou interese na enfermidade. 

ConArtritis colabora como parte del comité asesor desta web.