22 de marzo de 2013

Impacto das enfermidades reumáticas nas persoas que as padecen

No marco da presentación da exposición de fotografías do I Certame fotográfico de enfermidades reumáticas, déronse a coñecer os resultados dun estudio realizado co obxectivo de coñecer en profundidade o impacto psicolóxico, laboral e personal que teñen as enfermidades reumáticas, que revelou os seguintes datos referentes á comunidade galega:
  • Preto do 40% dos pacientes galegos con enfermidades reumáticas afirma que recibiu o seu diagnóstico un ano despois de sufrir os primeiros síntomas (36,6%). En concreto, ata un 22,3% revela que tardou en ser diagnosticado ata máis de 3 anos.
  • En canto ao ámbito laboral, 8 de cada 10 pacientes galegos (81,3%) aseguran que, debido á súa enfermidade, se encontran con "máis dificultade" ou "moita máis dificultade" que o resto da poboación á hora de encontrar traballo. Ao mesmo tempo, o 34,4% dos pacientes que xa ten traballo confesa que algunha vez ocultou a súa patoloxía no ámbito laboral por temor a que lle puidese afectar de forma negativa. Unha persoa que sofre unha enfermidade reumática non ten problemas para falar dela cos seus compañeiros, pero si cos seus superiores porque, se estes o saben e nun momento determinado a empresa atravesa dificultades, seguramente teñan moi en conta os días de baixa que tivo.
  • Por iso, os pacientes galegos consideran que existe certo grao de incomprensión por parte da poboación en relación coas enfermidades reumáticas, en concreto, ata un terzo deles (32,1%) manifesta que a sociedade non chega a entender o impacto físico ou emocional que supoñen. Como resultado deste descoñecemento, case 4 de cada 10 pacientes revelan que nalgunha ocasión se sentiron discriminados e ata un 34,4% afirma que ocultou partes do seu corpo afectadas pola enfermidade por medo a ser rexeitado.
  • A enquisa desvela que as enfermidades reumáticas tamén teñen repercusións no ámbito afectivo. Ata o 65,2% considera que se encontra con 'máis dificultade' ou 'moita máis dificultade' que o resto da poboación á hora de encontrar parella. Se a enfermidade é moi visible pode resultar complicado relacionarse socialmente, polo que nestes casos é fundamental recibir unha boa atención psicolóxica, seguir as recomendacións do especialista e optar por unha actitude positiva.
  • Así mesmo, dúas terceiras partes dos pacientes (66%) admite que a súa patoloxía o limita para conseguir unha vida sexual satisfactoria. Grazas aos novos tratamentos é posible reducir estas limitacións e gozar máis das relacións. Tampouco hai que esquecer os terapeutas ocupacionais, que sempre se encargan de proporcionar consellos prácticos para evitar danar as articulacións.

0 comentarios:

Fai un comentario: