Estas son as actividades que temos previsto realizar en setembro no salón multiusos de CABES en Santiago das 18h00 ás 19h30. (Rúa Poeta Manuel María, nº6)
Clase práctica de Ioga para demostranos o útil que pode ser o Ioga para aliviar as dores crónicas das nosas articulacións provocados pola enfermidades reumáticas. É unha actividade apta para todos e será impartida por unha monitora/médico de ALMAZEN de IOGA (especialista en ioga).
28 de setembro: Musicoterapia
Sesión teórico-práctica onde experimentaremos as posibilidades terapéuticas da música, e que nos pode axudar a aliviar a dor. Para esta actividade, contaremos con Mercedes Rodríguez Arrieta; musicoterapeuta, colaboradora de ConArtritis, e agora que se trasladou a Galicia, temos a oportunidade de gozar dos seus coñecementos en vivo e en directo.
Pensamos que estas actividades poden presentarnos unha maneira de convivir coas enfermidades reumáticas. Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres.
0 comentarios:
Fai un comentario: