20 de setembro de 2017

18 de setembro: Reunión Consello Asesor de Pacientes

Bos días a todos,

Tal e como adiantamos por facebook, o 18 de setembro, presentámonos na reunión do Consello Asesor de Pacientes para coñecer os proxectos que están en marcha no Servizo Galego de Saúde. 




Tres temas foron os tratados:

1) Anteproxecto modificación Lei 8/2008 de Saúde de Galicia 
Esta lei céntrase no modelo de Saúde da Cidadanía. Quedou dito que esta lei, a día de hoxe, está obsoleta, de aí a importancia de modificala. Están na fase inicial do proxecto, actualmente o grupo de traballo atópase en conversacións con todas as partes interesadas para facer as modificacións acorde coas necesidades actuais do Sergas. Entre moitas outras cousas, as modificaciónes principais son: 
  • Permitir a mobilidade do persoal sanitario, 
  • Integrar os hospitais de comarca no mapa sanitario co fin de traballar todos conxuntamente, 
  • Facer que o consello asesor de pacientes tamén conste nesta lei, para evitar a súa desaparición. 


2) Plan de Suicidio en Galicia
Sabemos que se produce un suicidio cada 90 segundos no mundo e a OMS declarou a necesidade de crear unha prevención para toda a poboación. Galicia ten unha tasa de suicidio mais alta que España, aínda que inferior á Union Europea. Os nosos maiores son os mais afectados. Púxose en marcha un plan de Prevención ao Suicidio en Galicia, sendo o segundo de España (Valencia xa o ten funcionando), que consta de 7 medidas, que á súa vez se divide en 37 puntos de actuación. 

3) Humanización dos nosos Hospitais
Están a poñer en marcha un proxecto novo que pretende facer os nosos centros hospitalarios o mais confortable posible para os pacientes e para os acompañantes. Polo cal, pediron a participación das asociacións para ir recavando información das necesidades coas que podemos atoparnos nunha Hospitalización, e que a día de hoxe non están cubertas. Ideas que foron saíndo por exemplo:
  • que a información dunha cirurgía chegue ao acompañante que está a esperar vía SMS por exemplo,
  • que o acompañante poida ducharse no hospital 
  • etc...


E así rematamos a reunión. 

Que vos parece? Podedes comentar en facebook. 

0 comentarios:

Fai un comentario: