As enfermidades reumáticas afectan ao aparato locomotor, son máis de 250 e poden poñer en risco a vida do paciente.
Un de cada cinco adultos en España está afectado por unha enfermidade reumática. Máis de 200.000 persoas padecen artrite reumatoide. Xunto a ela, á artrite, a artrose ou a dor lumbar, son as máis frecuentes ou as que estamos máis afeitos a escoitar; pero estas doenzas suman máis de 250. Con todo, aínda existe un grande descoñecemento porque pensamos que se trata de enfermidades leves, pero pola contra poden supoñer un risco para a vida do paciente.
Pero o Dr. Gomez Reinoso, Presidente electo da Sociedade Española de Reumatoloxía, lánzanos unha clara mensaxe de esperanza. Escóiteno nesta ligazón!
http://www.crtvg.es/informativos/juan-gomez-reino-presidente-electo-da-sociedade-espanola-de-reumatologia-3104684
0 comentarios:
Fai un comentario: