Aspectos a ter en conta á hora de irnos de vacacións:
➤ Planificar a medicación que imos necesitar sobre todo se viaxamos fóra da nosa comunidade ou de España. Non te esquezas o teu informe médico, podes necesitalo.
➤ Se temos que movernos coa nosa medicación e esta debe conservarse en frío é importante lembrar:
- Levar o tratamento nunha bolsa isotérmica coas bolsas de xel para non perder a cadea de frío.
- No caso de que non se poida manter o fármaco en frío, infórmese co seu especialista para ver canto tempo pode estar a temperatura ambiente sen perder as súas propiedades.
- O fármaco debe ir na equipaxe de man, non debe facturalo, este poderíase extraviar.
- Se vai voar, contacte coa compañía aérea para informar da medicación que ten que trasladar.
Planifícate, infórmate e divírtete!
0 comentarios:
Fai un comentario: