O venres 21 de abril reunímonos con Juana Millan, licenciada en químicas, para saber mais sobre os complementos alimenticios e o beneficio do exercicio na AR. Faláronnos de varios complementos por exemplo, o Omega 3, o Própolis, a Equinácea, o Magnesio entre outros, todos con algunha propiedade beneficiosa para a saúde. Pero antes de tomar calquera complemento alimenticio, POR FAVOR, consultálo SEMPRE co voso reumatólogo. MOI IMPORTANTE!
Logo Jesús Alcaide, instrutor licenciado de Yang Tai Chi, púxonos a practicar Tai Chi para demostrarnos que esta arte está o alcance de todos e permítenos unir corpo e mente, traballar cada un dos nosos músculos nunha única actividade para saír de clase cansos pero relaxados, deixando atrás a rixidez e a tensión do noso corpo acumulada no transcurso do día.
Comentarvos que a AAS ten a sorte de ter un desconto do 50% nas tarifas de Tai Chi, Meditación e Chi Kung, quedando nun prezo moi alcanzable. Non dubidedes en pedir información a Jesús Alcaide sen ningún tipo de compromisos. Aquí podedes ver os horarios e os lugares onde imparte as súas clases.
Grazas a todos pola vosa participación. Seguimos traballando para vós!
0 comentarios:
Fai un comentario: