28 de abril de 2017

Código 100: Taller de presentación de necesidades innovadoras



O 27 de abril estivemos no Edificio  administrativo do SERGAS  asistindo como convidados ao "Taller de presentación de necesidades innovadoras" que se organiza no marco do Plan de Innovación Sanitaria Código 100, dentro da liña de acción de Empoderamiento de Pacientes.

O fin deste taller era deixar latente as necesidades tecnolóxicas que teñen os pacientes e en representación dos nosos socios, AAS estivo presente e defendeu  as necesidades que nos trasladades día a día. Puidemos ver que as nosas necesidades tecnolóxicas, son as de moitas asociacións e Pilar Farjas Abadía, Coordinadora de É-Saúde, e o seu equipo, presente no taller, tomaron boa nota de todas as nosas formulacións.

Tamén queremos transmitirvos de parte de Pilar Farjas Abadía, que a plataforma É-Saúde está ahí para que cada un dos paciente galegos do SERGAS poida ter accesos á súa información médica e que está en constante movemento, coa idea de mellorala e facela unha ferramenta necesaria, de fácil uso, para cada un de nós. Non dubidedes en navegar nela para familiarizarvos con ela. Aquí póñovos a ligazón: https://esaude.sergas.es/


Agora quédanos esperar a que nos convoquen por segunda vez, e preséntennos os proxectos que recollen todas as ideas que fomos lanzando. Estamos impacientes!



0 comentarios:

Fai un comentario: