O documental relata a historia de María, unha galega con artrite reumatoide que emigra a EE.UU e convértese nunha exitosa doutora que busca cura para esta enfermidade que padece desde nena.
A Coordinadora Nacional de Artritis grazas á colaboración do Ayuntamiento de Madrid, organiza a presentación do documental.
O director colombiano Famor Botero chega a España nunha xira promocional co seu novo traballo cinematográfico ProjectMAD. Este documental está baseado no libro “O meu soño americano” de María Miler, no que María explica a súa vida, a emigración cos seus pais desde Galicia a Venezuela, o regreso a España para estudar Medicina, e despois a súa marcha a Estados Unidos onde triunfa como profesional a Medicina. No camiño enfrontarase a unha serie de obstáculos, entre os que se atopa o diagnóstico dunha artrite que ameaza con deixala en cadeira de rodas.
No documental tamén se narran as historias doutras pacientes con artrite, e o testemuño de importantes referentes na reumatoloxía a nivel mundial.
ProjectMad é obra do prestixioso director colombiano Famor Botero, que canta cunha ampla e exitosa traxectoria cinematográfica nos Estados Unidos e Colombia.Tráiler do documental:
O documental será presentado en Madrid:
- Data: 11 de marzo.
- Horario: 19 horas
- Lugar: Centro Dotacional Integrado Arganzuela, salón de actos. (Calle Canarias 17, 28045 Madrid).
Máis información
0 comentarios:
Fai un comentario: