"O Experto Responde" é unha iniciativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, na que persoas expertas rresponden a preguntas sobre determinadas doenzas, que calquera persoa pode formular a través da web.
O pasado 21 de outubro, con motivo do Día Mundial contra a Dor, a Asociación de Artrite de Santiago colaborou nesta actividade coa presenza de Marisa Balado como experta. Acompañouna nesta tarefa o Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en reumatoloxía.
Agora xa poden consultarse as preguntas e respostas que se trataron ese día:
16 de decembro de 2013
11 de decembro de 2013
Actividades de Tai Chi e Chi Kung en Santiago, da man da Asociación de Artrite
Todos buscamos o benestar. Buscamos mellorar ou manter o noso estado de saúde física, emocional e mental.
A práctica regular do Tai Chi Tradicional, Chi Kung e Meditación axudarannos a alcanzar e manter ese estado de equilibrio e plenitude globlal que tanto anhelamos.
2 de decembro de 2013
Trazando o futuro en Artrite Reumatoide. Resultados do estudo
En marzo deste ano animábamos a participar no
proxecto "Trazando o futuro en Artrite Reumatoide", cubrindo
un cuestionario facilitado por ConArtritis, e que tiña como obxectivo recoller
datos para coñecer as inquietudes e os
aspectos que preocupan ás persoas afectadas pola artrite reumatoide ante o escenario
económico e sanitario no que hoxe nos encontramos.
ConArtritis vén de presentar recentemente o
documento no que se recolle e analiza a información extraída desa enquisa.
Con esta
publicación queren facerse máis visibles as preocupacións dos pacientes, e
ofrecer algunhas propostas para mellorar estes aspectos.
Como datos máis destacables, sinálase que o 95% dos
pacientes con artrite reumatoide asegura que a enfermidade afecta moito ou bastante á súa vida laboral. Un 93% das
pesoas enquisadas considera, ademais, que a artrite reumatoide carece de
presenza na axenda política: para que o impacto sexa recoñecido entre a poboación
e os axentes sociais, ha de situarse ao mesmo nivel que outras enfermidades
crónicas. O 84% considera tamén que os axustes están a afectar a
abordaxe da enfermidade e ata un 78% sinala, en concreto, dificultades
no acceso aos tratamentos.
25 de novembro de 2013
Oferta termal en Cuntis
Termas de Cuntis ofrece as seguintes condicións especiais para as persoas da asociación durante o mes de decembro.
Hotel La Virgen ****
Condicións: Aloxamento + pensión completa + Acquaform
Prezo: 45€/persoa/noite
Mínimo 20 persoas e 4 noites
IVE incluído.
Contacto
Hotel La Virgen ****
Condicións: Aloxamento + pensión completa + Acquaform
Prezo: 45€/persoa/noite
Mínimo 20 persoas e 4 noites
IVE incluído.
Contacto
23 de novembro de 2013
"Tomando control da súa saúde"
A Fundación Josep Laporte, no marco da Universidade dos Pacientes, e a
través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, realizou, os días 17 e 18 de setembro
e 8 e 9 de outubro no Hospital Clínico de Santiago o taller de formación para
formadores do programa “Tomando control da súa saúde”, da Universidade deStandford.
Sandra Mujico e Marisa Balado, da Asociación de Artrite de Santiago,
recibiron o seu correspondente diploma tras realizar esta formación, nun acto de entrega
que tivo lugar na Consellería de Sanidade o pasado 13 de novembro.
21 de novembro de 2013
Xornada sobre Investigación Clínica, para organizacións de pacientes
Mañá 22 de novembro terá lugar a III Xornada de Portas Abertas para Organizacións de Pacientes sobre Investigación Clínica, nas instalaciones dos laboratorios Lilly. O obxectivo é debater sobre o papel dos pacientes e das asociacións no desenvolvemento de novos medicamentos.A iniciativa Somos Pacientes cedeu a súa plataforma para retransmitir as ponencias da mañá en Internet vía streaming (en directo).
O enlace estará dispoñible a partir das 10:45 h., do venres 22 de novembro de 2013.
11 de novembro de 2013
Open Reuma
Na súa web pode atoparse información sobre o papel da enfermería, a psicoloxía e a fisioterapia nas enfermidades reumatolóxicas, e ten outras sección en desenvolvemento, centradas en formación e investigación
Tamén están en facebook.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



