A Asociación de Artrite de Santiago está sendo noticia estes días pola campaña "Outubro, mes da artrite", que inclúe actividades como as mesas informativas nos hospitais e a celebración da VII Xornada Nacional de Artrite.
Estes eventos fixeron que nos últimos días se incrementase significativamente o interese dos medios de comunicación pola doenza de artrite, así como polas actividades e servizos da nosa asociación. Isto significa moito para nós, pois un dos obxectivos da asociación é a sensibilización e a visibilización desta doenza.
Estas son algunhas das novas publicadas estes días:
- Programa Aquí Galicia, Radio Galega, 12 de outubro de 2011 | Participación de Marisa Balado, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago (a partir do minuto 39)
- Programa Bos días, TVG, 12 de outubro de 2011 | Entrevista a Marisa Balado, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago
- Novas. Correo TV, 10 de outubro de 2010 | Participación de Marisa Balado, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago (a partir do minuto 9)
- Telexornal mediodía, TVG, 6 de outubro de 2011 | Hai máis de 13.000 galegos afectados pola artrite
- El Correo Gallego, 6 de outubro de 2011 | Santiago acoge hoy la VII Jornada Nacional de Artritis
- Programa Convivir en igualdade. Radio Galega, 5 de outubro de 2011 | Participación de Marisa Balado, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago (a partir do minuto 29)
Na sección "prensa" desta web pódese acceder a moitas outras noticias relacionadas coa artrite e coa Asociación de Artrite de Santiago.
0 comentarios:
Fai un comentario: