ConArtritis está a realizar o programa Áfora, de formación a pacientes con enfermidades reumáticas inflamatorias, que está declarado de utilidade para pacientes reumáticos pola Sociedade Española de Reumatoloxía e que ten o patrocinio de MSD Inmunoloxía.
O obxectivo do programa é mellorar o coñecemento e manexo da enfermidade, así como a calidade de vida das persoas que padecen estas patoloxías. A formación está a ser impartida por médicos reumatólogos e consiste nunha charla por patoloxía nas que o especialista informará sobre a enfermidade, os tratamentos actuais e a calidade de vida e na que os pacientes poderán formular dúbidas relacionadas coa enfermidade.

A Asociación de Artrite de Santiago, integrante de Conartritis, está a desenvolver en Santiago este programa educacional. As charlas que se organizan en Santiago son impartidas pola Dra. Eva Pérez Marín, reumatóloga do Hospital Clínico.
A charla sobre Artrite Reumatoide tivo lugar o pasado 1 de xuño, e a de Espondilite Anquilosante será o vindeiro 22 de xuño na Casa das Asociacións ás 18:00 h.
Para máis información, chamar ao teléfono da asociación: 659 084 950
0 comentarios:
Fai un comentario: