22 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (8)

Participa en asociacións de pacientes
Están dedicadas a informar ás persoas afectadas e ofrecen os medios adecuados para encontrarse mellor física e psicolóxicamente. Adoitan poñer ás persoas enfermas en contacto cos especialistas das distintas disciplinas que existen para tratar esta enfermidade reumática. Nelas, os pacientes poden falar con xente que ten o seu mesmo problema, o que, na maioría dos casos, resulta unha boa terapia, pois compréndense e pódense aconsellar máis facilmente.
Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

10 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (7)


Aprende a manexar as túas emocións

As técnicas psicolóxicas de relaxación e respiración axudan a controlar as emocións de ansiedade, tristeza e ira, que poden presentarse na paciente, e que supoñen un inconveniente para o día a día da súa enfermidade, pois inflúen negativamente na dor. Aprendelas para poñelas en práctica cando o consideres oportuno, axudarache a mellorar.

Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

8 de decembro de 2010

Participación na revista A Saúde de Galicia

A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, colaborou coa revista A Saúde de Galicia, editada polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (COMC). En cada número desta publicación, inclúese un artigo centrado nalgunha asociación de pacientes. No seu número 12, de novembro de 2010, foi dedicado á artrite.
Dende aquí agradecemos ao Colexio de Médicos que contase coa nosa participación para dar a coñecer un pouco máis a artrite.

O artigo pode verse na sección Prensa da nosa web.

30 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (6)

Exercicio beneficioso.

Entre as opcións non medicamentosas para diminuír a dor, figuran algúns tipos de exercicio e a fisioterapia. Os últimos estudos sinalan que é imprescindible encontrar o equilibrio entre repouso (as articulacións inflamadas melloran) e actividade (evita que as mesmas articulacións se entumezan). O exercicio debe manter a persoa nun bo estado físico, de resistencia e fortaleza, pero sen inflamar as articulacións para evitar a dor. Os máis axeitados son as actividades aeróbicas de baixo impacto articular, como natación e exercicios na auga, tai chi, ioga suave, pilates ou spinning. Non obstante, recoméndase que antes de escoller se consulte co especialista.

Extraído do artigo "La artritis, una enfermedad desconocida", publicado en Eroski Consumer.

Xantar de confraternidade de Nadal

O vindeiro 19 de decembro a partir das 14:30 celebraremos o xantar de confraternidade de Nadal. 
Será no Hotel Congreso (Montouto) e está aberto a todas as persoas socias, familiares e amigas que nos queiran acompañar.
Para asistir, podes anotarte  ata o día 15 de decembro chamando ao teléfono 659084950 (de 10:00 a 13:00 de luns a venres).

Non faltes!

19 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (5)


Manter o peso

Un exceso de peso supón unha carga extra para as articulacións, especialmente columna, cadeiras, xeonllos e pes, o que provoca un aumento da dor e un risco incrementado de artrose. É recomendable facer unha dieta equilibrada, rica en lácteos que conteñen calcio, sobre todo cando reciba corticoides, pois estes producen unha descalcificación dos osos. Evite o exceso de alcohol, xa que certos fármacos, que é probable reciba, teñen un pequeno risco de ter un efecto tóxico sobre o fígado, que se podería agravar polo consumo de alcohol.

Extraído do artigo “Consejos generales para proteger las articulaciones”, publicado na revista Mira nº 1. Autora: Nieves Martínez Alberola.

12 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (4)


Vístete de maneira confortable e ao teu gusto.

Hai cousas moi sinxelas que podes facer para vestirte con maior facilidade e forzar menos as túas articulacións:
  • Prepara a túa roupa a noite anterior, cando as túas articulacións non están ríxidas.
  • Fai o nó da gravata ou pano e déixaos preparados para a mañá seguinte. Así non terás que forzar tanto as túas mans pola mañá.
  • Leva roupa con aberturas anchas, de forma que poidas poñela e quitala comodamente.

Extraído de “Puntos de encuentro en Artritis Reumatoide. Guía para el paciente”.

Axudas sociais extraordinarias para pensionistas de xubilación e invalidez

O pasado 3 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 180/2010, do 21 de outubro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras do fondo de asistencia social e de persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

A contía destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán mediante un pagamento único por transferencia bancaria ás persoas que cumpran os requisitos, sen necesidade de que éstas o soliciten.

Beneficiaranse destas axudas as persoas que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do fondo nacional de asistencia social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), e que estean en situación de alta e teñan residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia na data de entrada en vigor deste decreto.

8 de novembro de 2010

Campaña ¿Sientes mi dolor?

 
¿Sientes mi dolor? é unha campaña europea de concienciación sanitaria concebida e impulsada por Pfizer, en colaboración con ConArtritis e outras asociacións de pacientes e organizacións cidadás de toda Europa.

Esta iniciativa permite a participación das persoas que padecen dor crónica, de calquera dos seguintes xeitos:

Asinando a Carta de dereitos.
Recóllense cinco dereitos básicos e necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen dor crónica:
  • Dereito á comprensión
  • Dereito de acceso á información
  • Dereito á axuda profesional
  • Dereito ao tratamento precoz e óptimo da dolor
  • Dereito ao alivio da dor como dereito humano fundamental
A sinatura da carta pode facerse online.

Compartindo a túa experiencia persoal da dor crónica
Para axudar a outras persoas a entender a carga que representa a dor crónica, invitan a compartir (se queres de forma anónima) a túa propia experiencia sobre a convivencia con esta enfermidade. A túa historia podería publicarse na páxina desta iniciativa para que sirva de apoio a outras persoas que padecen dor crónica.

Plasmando a dor crónica en imaxes
A fotografía é tamén un medio a través do que poder compartir os teus pensamentos, emocións e experiencias sobre a dor crónica. A través de imaxes, podes ilustrar «cómo é a túa dor nun día bo e nun día malo» . Non hai que ser fotógrafo profesional e as imaxes poderán ser usadas en carteis, exposicións, etc.

Para participar e obter máis información, podes facelo desde a web de ConArtritis, onde poderás consultar as condicións de cada iniciativa.

6 de novembro de 2010

Foro de Artrite

Como xa anunciáramos, o día 3 de outubro tivo lugar o foro sobre Artrite no que participaron como expertas a doutora reumatóloga Eva Pampín e a presidenta da nosa asociación, Marisa Balado. Foi unha iniciativa da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas.

As preguntas e respotas formuladas no foro, así como as súas conclusións, poden consultarse na páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.


Ver as preguntas e respostas do foro
Ver conclusións do foro sobre Artrite

3 de novembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (3)

Posición das articulacións
 
É moi importante a posición das articulacións durante o repouso, mantendo brazos e pernas estirados, xa que ainda que a flexión pode aliviar os síntomas, co tempo favorece a aparición de deformidades. Poden usarse férulas, estructuras ríxidas que manteñan as articulacións en repouso nunha posición adecuada, mellorando a dor e a inflamación e evitando deformidades articulares. Empréganse sobre todo durante o descanso nocturno en mans, pes, xeonllos e nocellos.

Extraído do artigo “La artritis reumatoide y el impacto en el día a día”, publicado na revista Mira nº 2. Autora: Tamara García Jiménez.

27 de outubro de 2010

A artrite: o experto responde

 


O vindeiro mércores 3 de novembro de 18:00 a 20:00 h. celebrarase un foro de expertos sobre Artrite a través da web da Escola galega de saúde pública para cidadáns, do Sergas.

Neste foro participarán dúas expertas con ampla experiencia no tema:
  • Dra. Eva Pérez Pampín | Facultativa Especialista en Reumatoloxía do CHUS.
  • Dna. Marisa Balado | Presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.
Calquera persoa interesada pode participar enviando as súas preguntas a través da web da Escola, no apartado "O experto responde". O día 3 de novembro, a partir das 18.00 e ata as 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida que teñades. As expertas contestarán e asesorarán a todas as inquietures en tempo real. 

O programa do foro pode verse aquí. Esperamos as vosas preguntas!

Saída ó Balneario

Dos días 5 e 10 de novembro iremos ó balneario de Laias-Caldaria, en Ourense.
As socias e socios poderanse beneficiar dun importante desconto nesta saída, que inclúe aloxamento, pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer…

22 de outubro de 2010

Artrite reumatoide: prioridades para o cambio

Asociacións de pacientes de 25 países diferentes, entre elas ConArtritis, elaboraron o documento Artrite Reumatoide: Prioridades para o Cambio, co obxectivo de ofrecer as claves para mellorar o benestar das persoas afectadas por esta enfermidade.

Prioridades para o Cambio é un documento de carácter internacional que ten como obxectivos 

  • Sinalar os cambios prioritarios para que se faga unha xestión máis eficaz da Artrite Reumatoide.
  • Mellorar o coñecemento e comprensión do impacto e a carga da AR.
  • Axilizar o tempo de diagnóstico da Artrite Reumatoide.
  • Acceso aos máis altos estándares de tratamento en condicións de igualdade.
  • Servizos de apoio integral.
  • Incluír a perspectiva social da enfermidade nas avaliacións dos medicamentos.
Do mesmo xeito resalta outros aspectos claves para o manexo da Artrite Reumatoide, relativos ao papel dos coidadores, a situación de emprego das persoas con Artrite Reumatoide, a necesidade de programas de educación e autocoidado e dunha atención levada a cabo por equipos multidisciplinares.

Na elaboración do documento estivo presente, como representante español, a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) xunto a asociacións de pacientes de Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Creta, República Checa, Dinamarca, Estonia, Francia, Irlanda, Israel, Italia, Lituania, México, Nova Zelandia, Polonia, Portugal, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Sudáfrica, Suecia, Turquía e Emiratos Árabes. Este traballo foi financiado mediante unha bolsa de Hoffmann-La Roche.

21 de outubro de 2010

Vivir con artrite: consellos (2)

Coñece a enfermidade
Ter información é importante para despexar dúbidas e evitar a ansiedade que provoca descoñecer qué lle pode ocorrer. Nisto xogan un papel fundamental os reumatólogos e os demais especialistas que as tratan pero tamén o paciente debe ter criterio á hora de informarse e dar de lado ás fontes que poidan ofrecer ideas erróneas. Se tes incertidume, pregunta aos especialistas que están ao teu alcance.

Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

14 de outubro de 2010

Vivir con artrite: consellos (1)


Aconséllase levar unha vida tranquila, evitando o estrés e a actividade física intensa. Trate de evitar actividades que requiran un gran esforzo físico, obriguen a permanecer moito tempo de pe ou que necesiten movementos repetitivos.

Extraído de “Calendario 2010: Consejos para la artritis reumatoide”, editado por Abbott e Elsevier Doyma e elaborado polo Dr. Rafael Goya Moscoso a partir das publicacións: Artritis reumatoide: Guía de la enfermedad para el paciente; ¿Qué es la artritis reumatoide?, e La dieta y las enfermedades reumáticas, editados pola Sociedad Española de Reumatoloxía

Vivir con artrite: consellos

Un dos obxectivos da Asociación de Artrite de Santiago é o de informar e aconsellar acerca da enfermidade, sobre como sobrelevala e aprender a convivir con ela. E pensamos que este blog pode ser unha boa ferramenta para axudarnos nesta labor de información.
Por isto, comezaremos hoxe unha serie de entradas que publicaremos cada certo tempo con consellos de diverso tipo para quen padece artrite.
Esperamos que resulten útiles para todas as persoas que visitades esta páxina!


10 de outubro de 2010

Fotos das mesas informativas do Día Nacional da Artrite

O día 1 de outubro, Día Nacional da Artrite Reumatoide, a Asociación de Artrite de Santiago organizou dúas mesas informativas no CHUS e no Hospital Provincial.
Poñemos algunhas fotos dese día no CHUS.
Na sección "prensa" tamén se pode ver as conexións en directo que fixo a Televisión de Galicia desde o programa A Revista.

3 de outubro de 2010

Obradoiro: Movilización e prevención de lesións nas enfermidades reumatolóxicas

O Servizo Galego de Saúde, a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza un obradoiro de “movilización e prevención de lesións nas enfermidades reumatolóxicas
  • Onde: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) – Santiago Ver situación
  • Cando: 2 de novembro de 2010 de 17:00 a 20:00 h.
Para inscribirse no Obradoiro (prazo ata o 27 de outubro):

1 de outubro de 2010

1 de outubro, Día Nacional da AR

Hoxe conmemórase o Día Nacional da Artrite Reumatoide, que ten como principal obxectivo concienciar á poboación xeral sobre esta doenza.
Nunha data importante coma a de hoxe, a Asociación de Artrite de Santiago instalará mesas informativas no CHUS e no Hospital Provincial, co obxecto de sensibilizar sobre a Artrite Reumatoide, sobre a importancia de acudir canto antes ao especialista para conseguir un diagnóstico precoz e ralentizar na medida do posible o avance da enfermidade, e informará tamén sobre a propia asociación.

Nova web de ConArtritis

Con motivo do Día Nacional da Artrite Reumatoide, que se celebra hoxe 1 de outubro, a Coordinadora Nacional de Artrite ConArtritis presenta a súa nova páxina web, unha ferramenta que pretende converterse nun centro de referencia virtual que ofrecerá, tanto a pacientes coma aos seus familiares, información actualizada e outros servizos 'on line' de interese.
A web foi elaborada por un comité científico formado por especialistas en Reumatoloxía, médicos rehabilitadores, psicólogos, fisioterapeutas, enfermeiras e pacientes.
O portal, promovido en colaboración con UCB Pharma a través do seu Programa CompARte, complementará o labor informativo que xa inicia o médico, o cal moitas veces non pode ofrecer aos seus pacientes toda a formación que quixera debido á falta de tempo.
Por iso, contará con información detallada, noticias de actualidade e incluirá as actividades que se realizan dende ConArtritis e as asociacións integradas nela. Destinada a pacientes, familiares e profesionais da saúde, ofrecerá ademais un doado acceso a todos os contidos e a posibilidade de coñecer as entidades máis próximas e estar ao día de todo o que estea relacionado coa enfermidade.
Xa podes ver a nova web: www.conartritis.org

27 de setembro de 2010

Clausurada a Xornada sobre enfermidades reumáticas en Galicia con gran éxito de asistencia

Como xa anunciáramos hai uns días, tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado venres a Xornada sobre enfermidades reumáticas en Galicia, enmarcada dentro do proxecto "Salud y Trabajo".

Só queda agradecer unha vez máis a participación da Conselleira de Sanidade (Pilar Farjas), da Presidenta da Sociedade Galega de Reumatoloxía (Encarnación Amigo), do Xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUS (Juan Gómez-Reino), do Presidente de ConArtritis (Antonio Torralba) e, como non, tamén a todas as persoas afectadas, pacientes, familiares, amigos, médicos e enfermeiras que compartistes esta xornada con nós.

Foi unha día especial para a Asociación, pois conseguiu reunir a aquelas persoas que dunha ou outra forma participan na mellora da calidade de vida de quen padece algunha enfermidade reumática.

O vindeiro día 7 temos unha nova cita na VI Xornada Nacional de Artrite.

Algúns medios recolleron novas relacionadas coa xornada que poden verse na sección prensa.

Algunhas fotos da xornada:

21 de setembro de 2010

VI Xornada Nacional de Artrite Reumatoide

O mes de outubro é o mes da artrite. Unha das actividades previstas para conmemorar o Día Nacional da Artrite (1 de outubro) é a celebración da VI Xornada Nacional de Artrite Reumatoide, que co lema "Coñécea, véncea" celebrarase o vindeiro 7 de outubro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
O conxunto de relatores da xornada está formado por socios da Asociación e por persoal sanitario especialista en reumatoloxía. Sen dúbida serán de gran interese, polo que vos animamos a asistir.


Ver díptico
Ver programa

Onde: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
Cando: 7 de outubro de 2010 a partir das 18:00 h.

Asociacións doutros lugares, coa colaboración de ConArtritis, están a organizar esta xornada en diversas cidades. Podedes ver os lugares, datas e programas na páxina web de ConArtritis.

15 de setembro de 2010

Outubro, mes da artrite

Baixo o lema "Coñécea, véncea" e con motivo da celebración do Día Nacional de Artrite o 1 de outubro, a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis preparou un amplo programa de actividades que se realizarán durante todo o mes en diferentes cidades de España para dar a coñecer un grupo de enfermidades que, a pesar do seu grande impacto na vida dos pacientes, continúan sendo descoñecidas por boa parte da sociedade.
Os actos previstos para este ano son os seguintes:  
  • Mesas informativas en hospitais, centros de saúde e centros de especialidades. En Santiago desenvolveranse no Hospital Clínico de Santiago e no Hospital Provincial, o día 1 de outubro.
  • VI Xornada Nacional de Artrite. En Santiago de Compostela será o día 7 de outubro.
  • Viaxe a Santiago de Compostela o 25 ao 27 de outubro. Aproveitando o ano Xacobeo, ConArtritis organiza unha excursión con familiares e enfermos de AR.
Ver programa completo
Breve resume da anterior campaña (2009)

    9 de setembro de 2010

    Xornada sobre enfermidades reumáticas en Galicia

    O vindeiro 24 de setembro ás 18:00 h. darémonos cita no Hotel Monumento San Francisco (Santiago), onde terá lugar a Xornada sobre as enfermidades reumáticas en Galicia.

    Durante o acto proxectaranse as curtametraxes “Clara no lo esperaba” sobre artrite reumatoide e “Diario de Manuel” sobre espondilitis anquilosante.

    Ao finalizar ofrecerase un cóctel a todos os asistentes.

    IMPORTANTE:  Necesario anotarse chamando ó numero 659084950

    Ver programa completo
    Ver invitación
    CLARA NO LO ESPERABA
    Directora: Roser Aguilar
    Sinopse: En poucas horas, dous sucesos alteran a vida de Clara: diagnostícanlle artrite reumatoide e reaparece un amigo moi especial que quere vela. Clara sinte que non pode con todo. Pero refuxiarse na dor tampouco será a mellor resposta.
    DIARIO DE MANUEL
    Directora: Chus Gutiérrez
    Sinopse: Manuel leva dez anos con lumbalxia, de médico en médico, baixas laborais e moita dor. Un día por fin lle diagnostican espondilitis anquilosante. A primeira reacción de Manuel é o medo ante os problemas físicos que conleva a enfermidade.
    Onde: Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela) Ver mapa
    Cando: 24 de setembro ás 18:00 h.

    V Xornada Nacional de Artrite (2009)

    O día 1 de outubro celébrase o Día Nacional da Artrite. Con este motivo, ConArtritis organiza mesas informativas e outras actividades en todo o país, coa colaboración de cada unha das asociacións membro. 
    O ano pasado, en Santiago de Compostela, a Asociación de Artrite de Santiago instalou una mesa informativa no Hospital Clínico, co obxectivo de informar e sensibilizar sobre esta enfermidade.
    Neste momento estase a organizar xa a VI Xornada Nacional de Artrite. Mentres tanto, deixamos dispoñible a documentación e fotos do ano pasado.

    Manifesto 
    Programa da Xornada celebrada en Santiago 
    Programa completo
    Cuadríptico da Xornada
    Breve resume das actividades
     

    8 de setembro de 2010

    De paciente a paciente


    A Asociación de Artrite de Santiago comeza este novo proxecto, De paciente a paciente, que se desenvolverá no hospital de día de Reumatoloxía do Clínico de Santiago.

    É un programa promovido por ConArtritis, que consiste en que persoas aqueixadas de artrite reumatoide ensinen a outras a enfrentarse a este mal, pois é moi importante o apoio emocional e o acompañamento que poden prestar aquelas persoas que xa teñen pasado polas mesmas situacións previamente e que pola súa propia experiencia poden ensinarlles a afrontar cada paso da enfermidade, aportándolles incluso información útil para o día a día.
    Nos últimos días, varios medios de comunicación fixéronse eco deste proxecto que acaba de comezar. Podedes velo na sección prensa.