Vístete de maneira confortable e ao teu gusto.
Hai cousas moi sinxelas que podes facer para vestirte con maior facilidade e forzar menos as túas articulacións:
- Prepara a túa roupa a noite anterior, cando as túas articulacións non están ríxidas.
- Fai o nó da gravata ou pano e déixaos preparados para a mañá seguinte. Así non terás que forzar tanto as túas mans pola mañá.
- Leva roupa con aberturas anchas, de forma que poidas poñela e quitala comodamente.
Extraído de “Puntos de encuentro en Artritis Reumatoide. Guía para el paciente”.
0 comentarios:
Fai un comentario: