Presentación

A Asociación de Artrite de Santiago, fundada no ano 2005, ten coma fins principais:
  • A mellora da calidade de vida dos enfermos de artrite reumatoide.
  • A axuda, apoio e asistencia a todos os afectados ou familiares.
  • A preparación e información sobre a nosa enfermidade.
  • A defensa dos nosos intereses comúns, recibir información e divulgala.
Durante estes anos asistimos a moitos pacientes e familiares que coas súas preguntas, preocupacións e experiencias nos axudaron a coñecer mellor cales son as nosas necesidades e prioridades como colectivo. Así constatamos que os pacientes con artrite e as súas variantes precisabamos, e precisamos, un espazo aberto para o apoio mutuo e o intercambio de información e experiencias.

Isto é o que tratamos de ofrecer dende a asociación na que brindamos tanto a orientación no mesmo momento do diagnóstico, como o acompañamento en distintos procesos (información sobre os tratamentos que existen, como afrontar a enfermidade a nivel persoal e familiar, solicitude da condición de minusvalía/incapacidade laboral...)


Por que debes formar parte da asociación?

Nisto, como na maioría das cousas, a unión fai a forza e cantos máis pacientes, familiares ou simpatizantes participemos, máis fácil será acadar os nosos obxectivos.
Reivindicamos a visibilidade.
Somos enfermos crónicos e moitas veces dependentes e non debemos resignarnos a unha segunda categoría na que os recursos son claramente insuficientes, e onde tamén falta a información e a sensibilización social.

Aquí podes obter máis información sobre os BENEFICIOS que teñen os socios da AAS.


Como formar parte da asociación?

Asociarse é moi doado. Ponte en contacto connosco e facilitarémosche toda a documentación e información necesaria para facelo.