Amosando publicacións coa etiqueta orient-arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta orient-arte. Amosar todas as publicacións

26 de decembro de 2014

Ampliamos a actividade de TaiChi e Meditación

Comecemos o ano con bo pé. E qué mellor maneira de facelo que practicando algunha actividade para o coidado da nosa saúde.
As actividades de Meditación e Tai Chi axúdannos a reducir a tensión muscular ofrecendo un alivio da dor e por conseguinte fan que nos sintamos moito mellor.
Por isto, anunciamos que ampliamos a oferta desta actividade, que ademais de ofrecerse no CSC de Fontiñas, tamén se fará no CABES.
  • Lugar: Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), R/ Manuel María nº 6, Santiago (Zona Salgueiriños). (Ximnasio).
  • Inicio da actividade: 12 de xaneiro do 2015.
  • Grupo mínimo: 6 persoas.

TAI CHI:
  • Luns e mércores de 17 a 18 h.
  • Prezo socios/as: 25 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 50€ trimestre.

MEDITACIÓN:
  • Lunes e mércores de 18 a 19 h.
  • Prezo socios/as: 25 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 50 € trimestre.

INSCRICIÓN NAS DÚAS ACTIVIDADES: 
  • Prezo socios/as: 40 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 80 € trimestre.
Para inscribirte, podes facelo a través do email da asociación: info@artrite-santiago.org ou ao tlf: 659 084 950.




19 de xuño de 2014

Meditación, Tai-chi e Chi Kung tamén en xullo

Este ano por primeira vez poderemos contar cun "mes extra" de Meditación, Chi Kung e Tai Chi Clásico, xa que seguimos a actividade durante o mes de Xullo. Seguiremos disfrutando no exterior e con máis horas de Tai Chi á semana que nunca:

Toda a información sobre horarios, prezos, etc. en http://orient-arte.blogspot.com.es

"Só medramos cando somos desafiados.... Os músculos non se fortalecen sen resistencia... As facultades mentais non se agudizan sen pensamento crítico...O espírito non se eleva sen algo que o emocione..."


9 de febreiro de 2014

Curso de Chi Kung

Os días 13, 20 e 27 de Febreiro de 11:30 a 13h, celebraremos un pequeno-gran curso de Chi Kung ca colaboración do Conservatorio de Música de Santiago

Na actualidade, o Qi Gong (Chi Kung), do estilo Lohan é un dos sistemas de Qi Gong Tradicionais máis recoñecidos no mundo. 

A quen lle interese aprender e invertir en saúde, enerxía e consciencia.....
As prazas están limitadas a 20 persoas

Límite de inscrición: Ata o día do curso.
Prezo: 50€. (Inclúe apuntes e vídeo dos exercicios).

Para apuntarvos...
Só tedes que entrar AQUI e cubrir o boletín de inscrición.


Ademais, o día 10 de febreiro ás 18:00 h. haberá unha charla gratuita sobre Chi Kung no mesmo conservatorio, a cargo de Jesús Alcaide.

23 de xaneiro de 2014

Tai chi e Chi Kung no centro sociocultural de Fontiñas

A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 

Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.
A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.

Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.


11 de decembro de 2013

Actividades de Tai Chi e Chi Kung en Santiago, da man da Asociación de Artrite

Todos buscamos o benestar. Buscamos mellorar ou manter o noso estado de saúde física, emocional e mental.
A práctica regular do Tai Chi Tradicional, Chi Kung e Meditación axudarannos a alcanzar  e manter ese estado de equilibrio e plenitude globlal que tanto anhelamos. 



18 de setembro de 2013

Tai chi, Chi kung e meditación

Xa está aberta a inscrición para as actividades de Chi-Kung, Meditación e Tai-Chí. Estas actividades poden ter un efecto moi positivo sobre a artrite, pois fortalecen as articulacións.


Actividade subvencionada para os socios e socias da Asociación de Artrite de Santiago!

Infórmate sobre como inscribirte no teléfono do centro: 981528750.