23 de xaneiro de 2014

Tai chi e Chi Kung no centro sociocultural de Fontiñas

A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 

Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.
A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.

Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.


0 comentarios:

Fai un comentario: