18 de agosto de 2017

Servizo de Información e Orientación


O servizo de información e orientación é un programa a través do cal se pretende resolver as dúbidas dos pacientes, familiares, amigos e asociacións. 

Os obxectivos do programa son:


  • Facilitar información acerca da artrite reumatoide, artrite psoriásica e artrite idiopática xuvenil, así como sobre todas aquelas necesidades sociais que vaian xurdindo co contacto cos outros pacientes e os seus familiares.
  • Informar e orientar sobre os recursos sociais existentes así como a derivación aos mesmos.sio_conartritis
  • Resolver consultas legais que teñan os pacientes.
  • Ter a disposición dos usuarios do servizo medios rápidos e eficaces de resolución de dúbidas.
  • Poñer en contacto a aquelas persoas que padecen estas enfermidades.
  • Sensibilizar a entidades públicas e privadas, profesionais e á poboación no seu conxunto sobre as necesidades de acometer accións para mellorar a calidade de vida das persoas con estas enfermidades.
  • Favorecer a coordinación, comunicación e desenvolvemento das asociacións con artrites.
  • Dar a coñecer os labores das asociacións a diferentes organismos e empresas relacionadas coa sanidade e os servizos sociais mediante campañas de sensibilización.


Como podo contactar?

  • Teléfono: 91 535 21 41 en horario de luns a venres de 9h a 14h.
  • Correo electrónico: conartritis@conartritis.org.
  • Presencialmente, na nosa oficina, pedindo sempre cita previa.

11 de agosto de 2017

Servizo de Información e Orientación Socio-Laboral

A través deste servizo quérese axudar aos pacientes para atopar traballo e ofrécese información sobre as necesidades e situación deste colectivo para favorecer a súa integración no mundo laboral.

Coa posta en marcha do Servizo de Información e Orientación socio-laboral, os usuarios poderán adquirir as habilidades necesarias para a súa inserción no mundo laboral a través dos seguintes pasos:
  • Entrevista inicial para realizar un diagnóstico da súa situación laboral na que detectaremos as necesidades nas habilidades socio-laborais.
  • Creación dun Plan Individualizado de mellora da empleabilidade.
  • Orientación laboral.
  • Procura activa de emprego.
  • Seguimento.

      Os interesados poderán solicitar e recibir información e orientación en:

      • De forma presencial: sede de ConArtritis. Rúa Ferrocarril, 18, 1º despacho 2. Madrid
      • Correo electrónico: laboral@conartritis.org.
      • Teléfono: 91 535 21 41.

        4 de agosto de 2017

        Artrite Psoríasica e exposición solar

        As persoas que padecen APS deben ter especial coidado coa exposición solar xa que certos tratamentos específicos para esta enfermidade como os similares á vitamina D e A (retinoides) ou os tratamentos con brea de hulla ademais dos antiinflamatorios ou algúns imunosupresores poden producir manchas, irritacións, queimaduras ou urticarias ao ser fotosensibles.



        É moi importante evitar as queimaduras solares, as lesións de psoriasis poden aparecer sobre elas. Por iso, recomendamos:
        • Non tomar o sol entre as 12:00h e as 17:00H
        • Utilizar protección 50 e renovar a súa aplicación cada 2 horas
        • Consulte ao seu médico sobre aqueles tratamentos que poidan presentar fotosensibilidade

        Para maior información, estaremos á súa disposición no 659084950 ou no mail info@artrite-santiago.org