Baixo o lema "Coñécea, véncea" e con motivo da celebración do Día Nacional de Artrite o 1 de outubro, a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis preparou un amplo programa de actividades que se realizarán durante todo o mes en diferentes cidades de España para dar a coñecer un grupo de enfermidades que, a pesar do seu grande impacto na vida dos pacientes, continúan sendo descoñecidas por boa parte da sociedade.
Os actos previstos para este ano son os seguintes:
- Mesas informativas en hospitais, centros de saúde e centros de especialidades. En Santiago desenvolveranse no Hospital Clínico de Santiago e no Hospital Provincial, o día 1 de outubro.
- VI Xornada Nacional de Artrite. En Santiago de Compostela será o día 7 de outubro.
- Viaxe a Santiago de Compostela o 25 ao 27 de outubro. Aproveitando o ano Xacobeo, ConArtritis organiza unha excursión con familiares e enfermos de AR.
Breve resume da anterior campaña (2009)
0 comentarios:
Fai un comentario: