O vindeiro mércores 3 de novembro de 18:00 a 20:00 h. celebrarase un foro de expertos sobre Artrite a través da web da Escola galega de saúde pública para cidadáns, do Sergas.
Neste foro participarán dúas expertas con ampla experiencia no tema:
Dra. Eva Pérez Pampín | Facultativa Especialista en Reumatoloxía do CHUS.
Dna. Marisa Balado | Presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.
Calquera persoa interesada pode participar enviando as súas preguntas a través da web da Escola, no apartado "O experto responde". O día 3 de novembro, a partir das 18.00 e ata as 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida que teñades. As expertas contestarán e asesorarán a todas as inquietures en tempo real.
O programa do foro pode verse aquí. Esperamos as vosas preguntas!
Usamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegacion en nuestra web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.OKMás información
0 comentarios:
Fai un comentario: