Prioridades para o Cambio é un documento de carácter internacional que ten como obxectivos
- Sinalar os cambios prioritarios para que se faga unha xestión máis eficaz da Artrite Reumatoide.
- Mellorar o coñecemento e comprensión do impacto e a carga da AR.
- Axilizar o tempo de diagnóstico da Artrite Reumatoide.
- Acceso aos máis altos estándares de tratamento en condicións de igualdade.
- Servizos de apoio integral.
- Incluír a perspectiva social da enfermidade nas avaliacións dos medicamentos.
Na elaboración do documento estivo presente, como representante español, a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) xunto a asociacións de pacientes de Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Creta, República Checa, Dinamarca, Estonia, Francia, Irlanda, Israel, Italia, Lituania, México, Nova Zelandia, Polonia, Portugal, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Sudáfrica, Suecia, Turquía e Emiratos Árabes. Este traballo foi financiado mediante unha bolsa de Hoffmann-La Roche.
0 comentarios:
Fai un comentario: