Con motivo do Día Nacional da Artrite Reumatoide, que se celebra hoxe 1 de outubro, a Coordinadora Nacional de Artrite ConArtritis presenta a súa nova páxina web, unha ferramenta que pretende converterse nun centro de referencia virtual que ofrecerá, tanto a pacientes coma aos seus familiares, información actualizada e outros servizos 'on line' de interese.
A web foi elaborada por un comité científico formado por especialistas en Reumatoloxía, médicos rehabilitadores, psicólogos, fisioterapeutas, enfermeiras e pacientes.
O portal, promovido en colaboración con UCB Pharma a través do seu Programa CompARte, complementará o labor informativo que xa inicia o médico, o cal moitas veces non pode ofrecer aos seus pacientes toda a formación que quixera debido á falta de tempo.
Por iso, contará con información detallada, noticias de actualidade e incluirá as actividades que se realizan dende ConArtritis e as asociacións integradas nela. Destinada a pacientes, familiares e profesionais da saúde, ofrecerá ademais un doado acceso a todos os contidos e a posibilidade de coñecer as entidades máis próximas e estar ao día de todo o que estea relacionado coa enfermidade.
Xa podes ver a nova web: www.conartritis.org
0 comentarios:
Fai un comentario: