O 25 de Abril do 2018 efectuouse unha charla na aula de docencia do Hospital Clínico Universitario, polo Dr. Antonio Mera Varela.
Da devandita charla decatámonos de como o risco cardiovascular pode aumentar nas persoas con artrite, polo que deben seguir as pautas recomendadas polos seus médicos.
O colesterol alto , o IMC alto , e non usar os tratamentos como recomenda o médico, inflúen no risco cardiovascular.
Tendo en conta todo isto deben tratar de facerse polo menos 1 vez cada cinco anos unha revisión de risco cardiovascular.
Levar unha dieta sa, pois o IMC alto afecta os tratamentos.
Prevención secundaria de uso de estaminas(pode ser beneficioso), Control do uso dos corticoides.(pode aumentar o RCV)
Os fármacos antireumáticos de acción lenta diminúen o RCV.
Os fármacos biolóxicos protexen de RCV aumentado.
Coa prevención e coas pautas do médico, os pacientes con artrite poden previr o RCV.
0 comentarios:
Fai un comentario: