A Coordinadora Nacional de Artrite colabora nesta nova edición que organiza a Sociedade Española de Reumatoloxía.
Nesta nova edición do “Campamento de verán para nenos con enfermidades reumáticas” ConArtritis de novo colabora coa actividade como asociación representante de nenos con artrites idiopática xuvenil. Ao longo de dúas semanas, a través de diferentes actividades dirixidas por profesionais, preténdese fomentar a autonomía dos pequenos e favorecer as súas relacións sociais. Á súa vez, trátase dunha actividade que serve de apoio aos pais e coidadores. Esta sexta edición desenvolverase do 30 de xuño ao 14 de xullo na granxa escola Albitana (Brunete), e hai 40 prazas dispoñibles para nenos de entre 8 e 14 anos de toda España. O período de inscrición termina o 28 de maio para inscribir, podes consultar as bases na seguinte ligazón. O documento de solicitudes está dispoñible aquí e débese enviar a campamento@ser.es
0 comentarios:
Fai un comentario: