24 de abril de 2018

Balneario de Laias, Calderia

Nos poñemos en contacto con todos vós porque un ano máis temos prevista unha saída ao balneario LAIAS- CALDARIA para o próximo mes de Maio, a data de chegada para gozar do balneario será o 6 de Maio (domingo) para rematar a nosa estancia e emprender a viaxe de volta todos xuntos o 11 de Maio (venres).



No balneario dispoñeremos de:


Estancia de 6 días – 5 noites

do 6 ao 11 de Maio 2018

  • Pensión en réxime completo (almorzo, comida e cea)
  • Consulta médica o día de chegada.
  • Programa termal individualizado segundo criterio médico.
  • Programa de animación: ximnasia, xogos de cartas, baile, noite meiga, sendeirismo…



O custo da estancia será:
Socios:
Hab. Simple: 348€
Hab. Doble: 443€

Non Socio:
Hab. Simple: 384€
Hab. Doble: 483€




Este ano, o traslado farémolo en autobús ata o balneario. De usar este servizo, confirmalo no momento da inscrición. A saída será desde Santiago, no Centro Sociocultural de Fontiñas, situado na Rúa de Berlín, nº 13 ás 11:00 am.
Como vén sendo habitual, a asociación subvenciona aos asociados a estancia do balneario. Lembramos que os asociados con antigüidade de máis de 6 meses terán dereito a beneficiarse da devandita subvención. Esperemos que esta actividade sexa de voso agrado de vos animéis a pasar estes días connosco.
Data límite de inscrición ata o 30 de Abril 2018 a través do teléfono da asociación 659 084 950 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 ou ao email info@artrite-santiago.org. Unha vez inscritos, a data límite de ingreso será tamén ata o 2 de Mayo 2018. O pago deberase efectuar na conta da delegación Conartritis Santiago: Banco Cooperativo Español ES42 0198 0001 4920 2771 1726. No concepto deberase poñer ESTANCIA EN BALNEARIO.

0 comentarios:

Fai un comentario: